_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O primeiro semestre da taxa municipal do lixo pon ao cobro 23.720 recibos

O Concello de Vilagarcía abriu o período voluntario de pago da taxa municipal de recollida de lixo correspondente ao primeiro semestre do ano. Os 23.720 recibos que integran o padrón de 2024 suporán a recadación de 1.445.484,55 euros que se destinan a financiar o servizo. O prazo de cobro vai do 1 de abril ao 3 de xuño. A maioría dos recibos emitidos están domiciliados, polo que o cobro realizarase de forma automática a través da conta bancaria sinalada, estando fixado o cargo para o día 2 de maio. Os recibos que se cobrarán deste xeito son un total de 18.750 recibos e suman un importe de 1.140.015,17 euros.
02.04.2024.- Os restantes contribuíntes poden cumprir coa obriga fiscal a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Vilagarcía, ou en calquera das entidades bancarias colaboradoras (Abanca, BBVA, Banco Sabadell, Banco Santander e Caixabank). Para elo deben dispor previamente da carta de pago (o recibo) que, en caso de non tela recibido por correo, poden obter a través da Oficina Virtual Tributaria ou nas oficinas de Recadación do Concello.

O Servizo de Recadación informa tamén de que os contribuíntes aínda están a tempo de domiciliar os seus recibos, evitando así maiores molestias ou despistes, para o cal deben dirixirse as súas dependencias, polo menos, 15 días antes da data de cargo en conta (prevista para 2 de maio). Lémbrase que aos contribuíntes que non abonen o cargo no período voluntario, xa sexa de forma directa ou mediante domiciliación, esixiráselles o pago mediante a vía de prema, coa aplicación dunha recarga dos xuros que correspondan.

Exposición pública do padrón

De forma paralela á apertura do prazo de cobro, o Concello tamén expón ao público o padrón do recibo do lixo durante 20 días hábiles a contar dende o 1 de abril. O documento poderá consultarse nas dependencias municipais a efectos de comprobar os datos e, de ser o caso, interpoñer recurso.

Opción do Plan Personalizado de Pagos

Ademais, lémbrase que para facilitar aos contribuíntes o pago de taxas e impostos municipais e que os poidan acomodar aos prazos que mellor lles conveñan, o Concello de Vilagarcía pon a disposición da cidadanía un Plan Personalizado de Pagos. Con el, os contribuíntes poden dividir a suma total dos seus impostos e taxas municipais (IBI, lixo, saneamento, circulación) para fraccionala en 11, 6 ou 4 mensualidades, ou, se o prefiren, abonala nun único pago anual. A adhesión ao Plan Personalizado de Pagos pode solicitarse no Concello antes do 1 de decembro de cada exercicio, a efectos de que se poida aplicar a partir co inicio do novo ano. Ás persoas que non se acollan a este plan seguirá aplicándoselle o sistema actual.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -