_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello promove a diversidade cultural celebrando o Día do Pobo Xitano coa comunidade vilagarciá

O 8 de abril conmemórase o Día Internacional do Pobo Xitano, unha data que o Concello de Vilagarcía leva celebrando dende o ano 2019 a través do programa de inserción social e de respecto á diversidade cultural que desenvolve a concellería de Servizos Sociais. Neste marco, a Praza de Galicia vestirase de festa o vindeiro luns pola tarde para acoller unha serie de actos que teñen como obxectivo favorecer o espírito de comunidade entre todos os vilagarciáns, acabar con prexuízos e falsos estereotipos e dar a coñecer a riqueza da cultura xitana a través dos vilagarciáns desta etnia.
04.04.2024.- O programa do Día Internacional do Pobo Xitano presentouse este mediodía no Concello cun acto no que participou a concelleira, Tania García, a coordinadora do servizo, Iria Camba, e as dúas educadoras sociais, Laura Caeiro e Bea Lede, responsables do programa de inclusión e mediación intercultural no marco do que se desenvolve esta iniciativa.

Mantendo o título da primeira edición “Xitanos? Si. Vilagarciáns? Tamén”, a celebración comezará ás 18.00 horas cun obradoiro e reparto de pulseiras conmemorativas do 8A elaboradas polos rapaces e rapazas xitanos que participan na iniciativa. Trátase dun grupo duns 30 xóvenes de idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos que tamén son os protagonistas do videoclip que se vai estrear durante o acto. As educadoras explicaron que este traballo é especialmente ilusionante para a rapazada xa que, ademais de ser unha iniciativa que saíu deles mesmos, baséase nunha canción que compuxeron para expresar o que senten, o que desexan e o que significa para eles esta conmemoración. A maiores, tamén interpretan o tema, que tiveron a ocasión de gravar no estudio profesional de Vicky Longa, e protagonizan as imaxes do audiovisual rodado e montado por Cristina Durán en Pablo Jueguen en diferentes espazos de Vilagarcía. Algúns destes escenarios foron os institutos Castro Alobre e O Carril, nos que cursan estudos varios dos rapaces e rapazas xitanos.

As educadoras sinalaron que todos eles “están moi contentos e ilusionados por poder ver o resultado do traballo e de poder compartilo con toda a cidadanía de Vilagarcía”.

A celebración do luns completarase coa lectura do manifesto de Día do Pobo Xitano, unha actuación musical e outra de baile, así como con un photocall no que as persoas que acudan á festa poden tomarse fotos e compartilas por redes co hastag #DiaDoPoboXitano para dar maior visibilidade ao evento é a finalidade do mesmo: visibilizar e poñer en valor a riqueza da cultura xitana, promover a igualdade, a integración e o respecto intercultural.

Dende o Concello faise un chamamento a toda a cidadanía do municipio a participar nesta festa para afondar no coñecemento de todos e todas os que vivimos nel e para seguir afianzando o sentimento de comunidade entre todos os vilagarciáns e vilagarciás.

En caso de chuvia, os actos trasladaríanse á Praza da Peixería.

A maiores das actividades a realizar o 8A, as educadoras sociais traballan ao longo de todo o ano coas familias xitanas que o precisan, realizando tarefas de orientación, acompañamento, apoio educativo e clases de reforzo, co obxectivo de motivalos e axudalos a cumprir os seus obxectivos e proxectos vitais e a unha integración real e efectiva.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -