_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
Vilagarcía propón formar en albanelería e carpintería a 20 maiores de 18 anos no obradoiro dual FORME 24

A Concellería de Emprego de Vilagarcía vén de presentar á Consellería un novo proxecto de obradoiro dual de emprego, o FORME 24. A través desta iniciativa, o departamento que dirixe Álvaro Carou pretende contratar durante 9 meses e a xornada completa a 20 persoas desempregadas maiores de 18 anos co obxecto de formalos nas especialidades de albanelería e carpintería. Unha vez rematada a etapa formativa no Concello, o programa completaríase coa oferta de incentivos á empresas para contratar ao alumnado durante 3 meses máis, de xeito que xa adquiran experiencia profesional no sector privado.
04.04.2024.- A proposta municipal ten un custe total de 441.928 euros para cuxo financiamento xa se solicitou unha subvención á Xunta ao abeiro das axudas convocadas para o desenvolvemento deste tipo de programas de fomento do emprego e de reinserción laboral. A axuda solicitada ascende a 411.928 euros que o Concello complementaría con 30.000 euros máis.

As especialidades formativas a impartir son a de “Traballos e instalacións de elementos de carpintería e moble”, para 10 participantes, e a de “Fábricas de albanelería e operacións auxiliares de revestimentos e acabados”, para outros 10. Tras o remate da formación, o alumnado obterá os certificados de cualificación profesional homologados que avalan a súa preparación ante as empresas contratantes. No caso do módulo de carpintería e moble conseguirán os certificados de profesionalidade de NIVEL 1 MAMD0209 e de NIVEL 2 MAMS010, así como o relativo ao módulo profesional de lacados e vernizados MF0167_1, co que se complementa a formación. Pola súa banda, os alumnos e alumnas que superen a formación de albanelería e operacións auxiliares de revestimentos e acabados obterán os certificados de profesionalidade NIVEL 1 EOCB0109, NIVEL 1 EOCB0209 e NIVEL 2 EOCB0108.


O Obradoiro Dual de Emprego FORME é un programa mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten aos alumnos e alumnas participantes a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, procure a súa cualificación e favoreza á súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

En consecuencia, as prácticas laborais previstas durante a etapa formativa no Concello realizaranas como complemento ás tarefas dos correspondentes servizos municipais e consistirán na elaboración e mantemento de mobiliario para a revalorización dos espazos públicos naturais e urbanos en instalacións e edificios de titularidade municipal no que á especialidade de carpintería se refire; así como na elaboración e acondicionamento de equipamentos e infraestruturas de albanelería en edificios e espazos públicos municipais, na de albanelería.

Selección a través do Servizo Público de Emprego

Recoméndase ás persoas desempregadas que estean interesadas en participar no obradoiro a que se inscriban Servizo Público de Emprego ou, de ser o caso, actualicen os seus perfís, xa que a selección do alumnado se fai a través deste servizo. Os trámites iniciaranse tan pronto como a Consellería aprobe o proxecto de Vilagarcía e coa idea de que o obradoiro comece a impartirse no mes de xullo, como establece a orden autonómica.
 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -