_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O servizo de recollida de lixo e de limpeza viaria activa unha web para informar e recoller as suxestións da cidadanía

Os Comelixos, unhas simpáticas personaxes creadas para axudar aos vilagarciáns a mellorar a xestión dos residuos sólidos urbanos, son a imaxe da campaña que veñen de poñer en marcha o Concello de Vilagarcía e a concesionaria Urbaser para informar á cidadanía de todo o relacionado cos servizos que teñen á súa disposición e do seu funcionamento. E como vía a través da que canalizar a comunicación directa entre os usuarios e a empresa encargada da xestión do servizo, xa está operativa https://www.medioambiente.vilagarcia.gal , a nova web para informar sobre todos e cada un dos sistemas de recollida de lixo e para recibir as suxestións da cidadanía.
05.04.2024.- A campaña presentouse esta mañá no Concello, onde o alcalde, Alberto Varela, a tenente de alcalde, Tania García, o edil de Servizos, Lino Mouriño, o de Turismo, Álvaro Carou, e o de Deportes, Carlos Coira, posaron xunto cos Comelixos, cuxas imaxes xa levan impresa todos os vehículos do servizo de recollida de lixo e de limpeza viaria. Na presentación tamén participaron os representantes de Urbaser, Diego Pacho, responsable da concesión en Vilagarcía, e Manuel Pan.

Foi este último o que presentou aos integrantes da familia Comelixos, composta por cinco simpáticas personaxes, cada unha das cales “come” un tipo específico de residuo. Son Monicartón, Vidroberto, Rubénvases, Organicarme e Doloresto. Estes monecos son utilizados na web para explicar á poboación que tipo de lixo debe botarse en cada contedor e as condicións en que deben facelo. A información ofrécese de forma sinxela e didáctica de modo que sexa accesible e entendible incluso para o público infantil.

Pan tamén explicou que os vilagarciáns dispoñen xa na nova web para informarse, resolver calquera tipo de dúbida sobre a xestión e os sistemas de recollida de lixo que se prestan en Vilagarcía, así como dos que está previsto implantar nas vindeiras semanas no marco do novo contrato da concesión que aínda non hai un ano que se adxudicou a Urbaser.

Horarios, teléfonos, emprazamentos e como chegar

Ademais de presentar aos Comelixos, na web ofrécese ao usuario información completa e útil sobre cada servizo, horarios de funcionamento, emprazamento, como chegar, tipo de residuos susceptibles de desbotarse en cada un deles, teléfonos de contacto, etc. Dende a versión para teléfonos móbiles, incluso se permite contactar directamente con Urbaser para concertar cita para a recollida de voluminosos, darse de alta no plan de xestión da materia orgánica (o do contedor marrón que se vai implantar en cuestión de semanas e do que se irá informando convenientemente) ou solicitar o kit de voluntario e a tarxeta que permitirá abrir estes colectores.

Bloques temáticos

Os contidos da web estrutúranse nos seguintes bloques temáticos: Plan de limpeza viaria e recollida de lixo do Concello de Vilagarcía, Descubre os Comelixos, Voluminosos e outros residuos (servizo de recollida a domicilio, puntos limpos móbiles e Punto Limpo de Pinar do Rei), Plan de xestión da materia orgánica (o colector marrón, compostaxe comunitaria, compostaxe individual), Porta a porta de papel e Cartón, recollida de Aceite usado e Achega as túas suxestións.

O alcalde explicou que esta campaña estaba prevista no programa gradual de implantación do novo contrato. “Unha vez rematada a renovación da maquinaria e dos vehículos para a recollida de lixo e a limpeza viaria e de praias, e agora que xa está a piques de concluír a renovación de todos os contedores, desenvolvemos esta campaña para que toda a cidadanía teña a súa disposición e moi a man toda a información necesaria para facer uso debido destes novos servizos e, con elo, contribuír a mellorar a xestión dos nosos residuos, o medio ambiente e a imaxe da nosa cidade”.

Chamamento á colaboración cidadá

Varela tamén fixo un chamamento á veciñanza para que se implique e colabore facendo bo uso de todos os servizos e respectando as mínimas normas que se piden para o correcto funcionamento e a mellora da imaxe da cidade. Neste punto, tanto o rexedor como o responsable de Urbaser apuntaron que, con todos os servizos dispoñibles e as facilitades que se dan “xa non hai escusa para que segan aparecendo voluminosos tirados sen máis nas nosas rúas ou no monte. Cunha simple chamada ao teléfono que se indica e co único requisito de deixar o lixo o día e á hora indicada basta para que a cidade presente a súa mellor cara e para que todos salgamos ganado”.

Cómpre salientar que a recollida de voluminosos aumentou considerablemente a frecuencia co novo contrato e que é gratuíta, ao igual que o é para os particulares da vila acudir directamente ao Punto Limpo de Pinar do Rei para desfacerse dos residuos que non susceptibles doutro tipo de recollida.
Co mesmo obxectivo de facilitar a correcta xestión, Pan explicou que esta semana se puxo en marcha o novo servizo de recollida porta a porta de papel e cartón, destinado a grandes produtores. O responsable de Urbaser comentou que previamente se informou individualmente a cada comerciante da cidade sobre a súa existencia e as normas de uso (depositar a pé de rúa o cartón debidamente pregado e amontoado e a partir das sete da tarde). “O certo é que a acollida foi moi boa e que nestes primeiros días a colaboración tamén”, engadiu.

Próxima recollida do biorresiduo e máis composteiros comunitarios

En canto á ampliación de servizos para os vindeiros meses, tanto o responsable municipal como os da concesionaria referíronse á creación de novos composteiros comunitarios (en colaboración cos mestres composteiros do Concello) e á posta en marcha so sistema de depósito e recollida do biorresiduos a través do novo contedor marrón. Para este último servizo farase unha campaña propia para informar de que tipo de residuos se poderán desbotar nel e de que xeito, e do funcionamento dos colectores, que se abrirán cunha tarxeta magnética que deberá ter dada domicilio.

O responsable de Urbaser lembrou que os concellos están obrigados por lei a mellorar a xestión dos residuos, especialmente os orgánicos, xa que estes son os que supoñen un maior volume da bolsa convencional do lixo, malia que son susceptibles de reciclar. Este obxectivo lograrase mediante a combinación da recollida urbana do colector marrón, e a compostaxe, tanto a comunitaria como a individual, que xa está en marcha dende hai uns anos en Vilagarcía e que se continuará implementando.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -