_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A modificación do PXOM para ampliar a EDAR recibe o informe favorable de Costas

O departamento de Costas do Estado informou favorablemente á Modificación Puntual nº11 do PXOM que permitirá ampliar a depuradora de augas residuais de Ferrazo. O Concello de Vilagarcía, promotor desta medida, recibiu onte o documento, o último dos informes sectoriais que faltaba, polo que xa está en posición de devolver o expediente á Xunta de Galicia para que proceda á aprobación definitiva da modificación e inicie os trámites para a execución da necesaria obra.
05.04.2024.- O alcalde, Alberto Varela, puxo de manifesto a súa satisfacción por ter recibido por fin o esperado visto bo de Costas. “Con isto remata a intervención do Concello e o asunto pasa a mans da Xunta de Galicia, que é a administración competente para aprobar definitivamente o cambio urbanístico e tamén a que deberá redactar o proxecto, licitar executar a ampliación das instalacións da depuradora cos fondos europeos dispoñibles”.

O rexedor recalcou que o informe de Costas é favorable, recomendando unicamente corrixir unha cuestión técnica nun plano, “aspecto que se fará de inmediato e que non fai preciso que o documento regrese a Costas, polo que, nos vindeiros días, todo o expediente con todos os informes sectoriais favorables, remitirase á Xunta”.

A ampliación da EDAR de Ferrazo é unha actuación necesaria e urxente dado o incremento de caudal que as instalacións veñen soportando de forma constante dende hai anos debido á paulatina ampliación da rede de saneamento municipal, así como ao aumento poboacional que Vilagarcía rexistrou nas últimas décadas. Estas circunstancias provocan que, a día de hoxe, as instalacións se atopen ao límite da súa capacidade de tratamento e depuración, facendo necesario unha ampliación que garanta, non só dar servizo á poboación actual, senón tamén dimensionar axeitadamente a planta con previsión de futuro e evitar verquidos.

En consecuencia, trátase dunha das actuacións consideradas como prioritarias no Plan de Saneamento Local da marxe esquerda da Ría de Arousa ao facerse preciso dispor con maior caudal de tratamento punta do que se conta actualmente. Para isto será necesario aumentar a capacidade de tratamento secundario, o que implicará un incremento substancial da produción de lodos, resultando imprescindible ampliar a infraestrutura para poder realizar os procesos depurativos dos mesmos.

A ampliación prevista farase sobre os terreos municipais adxacentes ás actuais instalacións da EDAR pero, para permitilo, antes era necesario cambiar a cualificación urbanística dos terreos que constaban como “Solo Urbano Non Consolidado” e que, polo tanto, non permitía edificar nela. Coa modificación puntual, a parcela pasa a considerarse “Solo Urbano Consolidado”, que si permite construír.

A zona prevista para levar a cabo a ampliación da EDAR suma 9.500 metros cadrados de solo que xa é de titularidade pública.

A modificación puntual nº11 do PXOM foi aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación Municipal en xaneiro de 2022, tras o cal someteuse a un período de exposición pública, remitiuse á Consellería de Medio Ambiente e solicitáronse os preceptivos informes sectoriais de todos os organismos con competencias na área afectada.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -