_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TERCEIRA IDADE
A Concellería organiza unha viaxe de 5 días Lisboa e arredores para 55 persoas maiores

O Concello de Vilagarcía organiza e subvenciona unha nova viaxe cultural de cinco días e catro noites de duración destinada ás persoas maiores do municipio. A excursión a realizar entre o 26 e o 30 de abril, ambos incluídos, terá como destino principal Lisboa, aínda que o programa inclúe tamén a visita a outras localidades do pais veciño como Nazaré, Óbidos, Sintra e Peniche. A viaxe ten un prezo de 315 euros por persoa en habitación dobre e pensión completa. O prezo inclúe os traslados, as visitas, guía acompañante e seguro de viaxe.
08.04.2024.- A Concellería de Persoas Maiores subvenciona a actividade, o que reduce a cantidade a abonar polos participantes. No caso de optar por unha habitación individual, ao prezo comentado haberá que sumarlle un suplemento de 120 euros. Ofértanse 55 prazas (un autobús completo) que se asignarán por orde de inscrición. No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, a adxudicación realizarase mediante un sorteo público a celebrar o 15 de abril. Coas persoas que non obtiveran praza crearase unha lista de agarda para recorrer a ela en caso de producirse baixas.

Requisitos

Os requisitos para poder participar nesta viaxe son ter 65 anos cumpridos e estar empadroado en Vilagarcía. No caso que o solicitante vaia cunha persoa acompañante, esta tamén deberá cumprir os mesmos requisitos de idade e de empadroamento.

O prazo de inscrición vai do 9 ao 12 de abril e as persoas interesadas en participar na viaxe deben dirixirse ao departamento de Persoas Maiores, en horario de 9 a 13 horas, para formalizar a solicitude.
Socialización e envellecemento activo
Esta actividade inclúese no programa anual de viaxes culturais que organiza o departamento que dirixe Tania García e que teñen como obxectivo ofrecer ás persoas maiores e ao colectivo de xubilados unha alternativa cultural e de ocio accesíbel as súas posibilidades económicas e favorecer actividades que contribúen á socialización e ao envellecemento activo da poboación.
 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -