_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello dá o primeiro paso para humanizar as rúas do Grupo San Roque

O Concello de Vilagarcía vén de dar os primeiros pasos de cara á materialización da demandada e necesaria humanización das rúas do Grupo San Roque. Atendendo ao compromiso adquirido ante a veciñanza do barrio situado a carón do centro de saúde, o goberno de Alberto Varela dispón xa dunha memoria inicial na que se establecen as necesidades e obxectivos da actuación, e vén de solicitar unha subvención con cargo ao plan Máis Provincia para financiar a redacción do proxecto de obra.
09.04.2024.- A axuda solicítase a través la liña 4 do programa provincial, destinada a redactar proxectos para a transformación da mobilidade en zonas rurais e urbanas, recuperando espazos públicos para as persoas. A subvención demandada ascende a 9.926 euros, aos que o Concello sumará 4.593 euros máis para financiar a elaboración do documento.

A memoria explicativa da que se parte foi redactada polo arquitecto municipal, Xoán Xosé Rodríguez Cuíña, e nela establécense as liñas fundamentais que deberá plasmar o proxecto. A idea é humanizar todas as rúas do Grupo San Roque, reordenando os espazos destinados á circulación de vehículos e de peóns e dando prioridade ao tránsito das persoas. Para a intervención proponse o establecemento de rúas de plataforma única que garantan os itinerarios accesibles e seguros para os peóns, dispoñendo tamén medidas para persoas con dificultade visual.

A actuación debe incluír a creación de novas zonas verdes e a instalación de mobiliario urbano axeitado, a implementación da sinalización viaria e a regulación das zonas de estacionamento.

Ademais, como en toda humanización promovida polo equipo de Varela, o proxecto debe prever a renovación das redes dos servizos urbanos de abastecemento de auga e de saneamento.

Unha vez redactado este proxecto e coñecido o importe da actuación, o Concello deberá xestionar a obtención da partida necesaria para financiar as obras, ben a través de fondos propios, ou recorrendo a programas de subvencións doutras administracións.

Recuperación de zonas degradadas ou obsoletas

A intervención que se está a deseñar para o grupo San Roque enmárcase na liña de traballo que segue dende hai anos o executivo socialista para rexenerar espazos urbanos degradados ou que se quedaron obsoletos despois de décadas sen mellorar as súas condicións nin adaptalas aos novos criterios de mobilidade sostible. Son actuacións como as levadas a cabo xa hai uns anos na Rúa Duráns e que agora está continuando por Aquilino Iglesia, a executada na contorna do Parque de Matosinhos e Doutor Tourón, a de Camilo Jose Cela nas Pistas, ou a da rúa Cervantes en Carril. En todos os casos, as zonas intervidas humanizáronse en base ás condicións particulares de cada caso, gañando espazos público para o goce das persoas e mellorando a estética das rúas que se viron revalorizadas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -