_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O Campionato de España Universitario de Vela escolle Vilagarcía na primeira vez que deixa as augas do Mediterráneo

As augas da Ría de Arousa fronte a Vilagarcía serán o escenario, a partir do vindeiro martes e ata o venres 19, do Campionato de España Universitario de Vela. É a primeira que esta competición sae do Mediterráneo, pero isa non é a única novidade: os equipos pasan de 12 a 18 e as tripulacións serán mixtas, dúas mulleres e dous homes. En terra, a torneo terá como sede o Centro de Tecnificación de Vela que xestiona a federación galega deste deporte.
11.04.2024. O evento foi presentado hoxe nun acto desenvolvido na casa consistorial de Vilagarcía de Arousa, no que participaron ademais do alcalde, Alberto Varela, a vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deporte da Universidade da Coruña, Cristina Naya, os responsables técnicos do deporte do mesmo centro, Marta Bobo e Manuel Moya, e os presidentes da Federación Galega de Vela e da Fundación municipal de Deportes, Manuel Villaverde e Carlos Coira.

Foi a vicerreitora que explicou polo miúdo como foi posible atraer a Galicia esta competición ata agora centrada na costa este do país e subliñando a longa tradición da UdC cos deportes en xeral e cos náuticos en particular (da UDC depende a Escola Técnica Superior de Náutica e o INEF coruñés foi o primeiro cunha especialidade de vela). Naya tamén destacou o empeño da universidade en que a competición se desenvolvese en condicións de igualdade de xénero, de aí as tripulacións mixtas, e tamén que se ampliara o número de participantes, que tamén se logrou.

Despois dunha clasificación previa, as catorce universidades participantes serán: Alacante, Cádiz, Cantabria, Illes Baleares, Murcia, Oviedo, as politécnicas de Madrid, Barcelona e Valencia, Pompeu Fabra, Santiago de Compostela, Valencia, Vigo e A Coruña.

O primeiro día dedicarase ás acreditacións e aos adestramentos; as xornadas segunda e terceira, ás probas clasificatorias; e o venres 19, ás finais e entrega de premios. Segundo explicou a vicerreitora, as mangas serán moi curtas, de xeito que se priorizará que cada equipo faga o maior número de probas por embarcación. Neste sentido, Naya agradeceu a colaboración do Concello e do Porto, pola súa cesión de medios e persoal; das asociacións Rompetións, do Carril, e Calmoseira, da Illa de Arousa, polo uso dos seus galeóns como barcos de apoio; da Federación Galega de Vela, que tamén puxo a súa disposición todos os medios técnicos e humanos; e da empresa Gadisa, patrocinadora do encontro.

Pola súa banda, o alcalde, Alberto Varela, deu as grazas ás dúas institucións, Universidade e Federación, por ter pensado en Vilagarcía para desenvolver este evento tan importante. Claro que, segundo dixo, a decisión non foi casual. Por un lado, a cidade conta co Centro de Tecnificación de Vela de Galicia, “que nos fai referencia en toda Galicia e en toda España”. Por outro, “temos a sorte de vivir na ría máis navegable do mundo, un lugar privilexiado para os deportes náuticos e especialmente para a vela”.

No campionato participarán 14 embarcacións con 4 deportistas abordo de cada unha, dúas mulleres e dous homes, aos que se suman os equipos técnicos e arbitrais. A clase de embarcación é a Elliot, da que a Federación dispón de varias unidades no Centro de Tecnificación.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -