_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Remata a reforma da Praza de Abastos de Vilaxoán, que aspira a atraer máis vendedores e a aumentar a clientela

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, o concelleiro de Promoción Económica, Álvaro Carou, e a tenente de alcalde, Tania García, acudiron esta mañá á Praza de Abastos de Vilaxoán para comprobar o estado das instalacións tras a reforma na que o Concello investiu 203.000 euros. Coas renovadas instalacións, o goberno local confía en que a sala de abastos atraia a máis vendedores, aumente a clientela e contribúa a fixar poboación. A obra, executada por Marconsa, financiouse cunha achega do Plan Concellos da Deputación e cos fondos europeos das EDUSI.
11.04.2024.- Para acadar estes obxectivos, Varela Paz anunciou que o Concello continuará apostando polo mercado vilaxoanés, comprometéndose a completar a mellora iniciada coas obras renovando tamén a maquinaria e as cámaras frigoríficas. “Cremos que unhas instalacións tan modernas como as que temos agora deben ir acompañadas tamén da mellora dos equipamentos”, indicou.

A reforma levada a cabo nos últimos meses na Praza faise visible xa dende o exterior coa nova rotulación do edificio. Xa dentro, a sala preséntase como un espazo diáfano e luminoso presidido na súa zona central por un mesado, disposto de forma circular, onde se instalarán os postos do peixe. Nos laterais distribúense os postos para a froita e carnicería, con sistema de peche por persiana, e tamén se habilitou unha sala para un pequeno obradoiro para a elaboración de comida in situ. Zonas de almacén, para as cámaras frigoríficas e os aseos completamente novos e adaptados, completan a instalación.

Na actualidade a Praza de Vilaxoán conta con tres concesionarias (un posto de peixe, un de froita e unha carnicería) e ten capacidade para acoller a outros catro.

O alcalde e os concelleiros aproveitaron o desprazamento para visitar ás praceiras, reemprazadas temporalmente no local da antiga panadería situada nas inmediacións, para poñelas ao tanto do remate da obra e anunciarlles que está previsto adquirir novas cámaras frigoríficas. En canto ao regreso ao edificio da Praza, o rexedor explicou que se fará con calma. “As praceiras comunicáronnos que non teñen presa, que están ben no local provisional, e nós preferimos facelo unha vez estean adquiridos e instalados os novos equipamentos”.

Alberto Varela lembrou que a actuación levada a cabo na Praza de Vilaxoán enmárcase nos traballos de mellora e modernización dos mercados públicos de Vilagarcía, nos que se leva investido moito nos últimos anos. Pero ademais, no que á de Vilaxoán se refire, lembrou que forma parte da estratexia de revitalización que o seu equipo puxo en marcha dende que entrou a gobernar no Concello, consistente en mellorar as infraestruturas da localidade e en dotala de novos e modernos servizos que contribúan a atraer e fixar poboación. “A maiores das obras de humanización da rúa Sobrán, de Vázquez Leis ou A Pica, en Vilaxoán estamos creando novos servizos e mellorando os existentes para que as persoas que viven aquí conten con todas as comodidades e para que outras se animen a asentarse aquí. A Escola Infantil Municipal foi clave neste aspecto e xa se pode comprobar a través dos datos do INE que, dende a súa posta en marcha, Vilaxoán incrementou a súa poboación”, sinalou.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -