_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno de Vilagarcía avisa á Xunta do risco que conleva deixar a medias a conexión peonil entre Bamio e Carril

O goberno local de Vilagarcía volve a poñer de manifesto o seu malestar coa Xunta de Galicia pola intención do executivo autonómico de deixar a medias a conexión peonil entre Bamio e Carril. Dende Ravella critícase que despois de 15 anos demandando a continuación das beirarrúas dende Bamio a Carril, o executivo de Rueda contrate unha obra incompleta que obrigará aos peóns a transitar ao longo de 300 metros pola estreita beiravía dunha estrada cunha eleva densidade de vehículos. “E fano, pese ás advertencias do risco que isto supón e ás reiteradas demandas que realizamos dende o Concello para que tiveran en conta esta situación”.
12.04.2024.- O goberno de Alberto Varela esixe ao executivo autonómico que reconsidere a decisión e tome as medidas oportunas para garantir a seguridade viaria en todo o traxecto, de xeito que as obras que sacaron a licitación se amplíen para abarcar o tramo que falta, ou xa se poñan a redactar un proxecto complementario a executar de seguido. Dende Ravella advirten que continuarán demandando a actuación ata que a Xunta cumpra coas súas obrigas e poña fin ao agravio continuo ao que somete a Vilagarcía. “Parécenos terrible que a Xunta de Galicia non se tome en serio a seguridade viaria dos vilagarciáns, racaneando 300 metros de beirarrúa cando noutros municipio fanas a esgalla, por ámbalas dúas beiras dunha estrada, e en zonas menos poboadas e con menor circulación de vehículos”.

O executivo local lamenta a desatención da Xunta do PP con Vilagarcía en xeral, e coa veciñanza de Bamio e Carril en particular, lembrando que a última actuación levada a cabo na zona foron as beirarrúas da estraba de Bamio construídas durante o mandado so socialista, Emilio Pérez Touriño. “Dende entón levamos esperando por unha segunda fase que, ademais de chegar tarde, o PP dánola incompleta”, conclúen.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -