_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A mudanza inicia a conta atrás para a estrea da nova Biblioteca Municipal Rosalía de Castro na rúa Castelao

Co adeus dado hoxe ao edificio da Casa da Cultura, a Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Vilagarcía activou a conta atrás para iniciar unha nova etapa nas novas instalacións da rúa Castelao. Despois de 35 anos acollendo a sede bibliográfica, as dependencias da rúa Rey Daviña pecharon esta mañá co obxectivo de poder levar a cabo a mudanza que permitirá que Vilagarcía estree o próximo martes, 23 de abril, unha Biblioteca ampla, moderna, accesíbel e adaptada ás necesidades do século XXI, tal e como a cidadanía levaba anos demandando.
15,04.2024.- O persoal do centro e o da empresa contratada para levar a cabo a mudanza traballan dende primeira hora da mañá na retirada e embalaxe dos fondos da vella biblioteca que, de forma gradual e ao longo desta mesma semana, se irán trasladando e recolocando nos estantes das flamantes instalacións de Castelao. De forma paralela, tamén hoxe, persoal municipal dos departamentos de Informática e Electricidade procederon a desinstalar os quipos informáticos da Casa da Cultura, tanto os de uso interno como os de acceso público, e a comezar a trasladalos ás novas dependencias onde volverán a conectalos e poñelos en funcionamento.

A mudanza prologarase durante toda a semana debido ao elevado fondo co que conta a Biblioteca, composto por 55.275 exemplares entre publicacións impresas de todo tipo, documentos sonoros, audiovisuais, electrónicos, gráficos e cartográficos. A isto hai que sumar que a retirada debe facerse de forma ordenada e segundo o plan establecido, ao igual que a posterior recolocación por seccións nas novas dependencias. Estes traballos realizarasen baixo a supervisión do director do centro.

A previsión é que o traslado se complete esta mesma semana, deixando a xornada do luns para comprobar que todo está onde debe, e para probar o funcionamento dos sistemas informáticos dos distintos servizos que presta a biblioteca: préstamo, altas, emisión de carnés, conexións coas redes de centros bibliográficos, etc…, de xeito que todo estea en perfecto estado de funcionamento para a inauguración.

Apertura de portas e celebración do Día do Libro

Deste xeito e seguindo co plan previsto, a nova Biblioteca Municipal Rosalía de Castro abrirá as súas portas ao público o martes, 23 de abril, coincidindo coa celebración do Día do Libro. Co obxectivo de conmemorar esta data, e tamén para animar aos nenos e nenas a coñecer as novas instalacións, a sección infantil acollerá pola tarde un contacontos e un obradoiro de ilustración. A asistencia, orientada a crianzas de cinco anos en diante, é de balde, pero as prazas son limitadas, polo que será preciso inscribirse remitindo un correo electrónico ao enderezo biblioteca@vilagarcia.gal . Nel deberá indicarse a actividade á que se pretende asistir (contacontos ou obradoiro), o nome e apelidos e a data de nacemento do neno ou nena. As prazas cubriranse por orde de inscrición e a admisión será confirmada a través do mesmo correo electrónico.

Dos baixos da vella Casa Consistorial á Casa de Cultura e á rúa Castelao

A Biblioteca Municipal Rosalía de Castro tivo os seus orixes nos baixos da antiga Casa Consistorial de Ravella. En xaneiro de 1.989 mudouse ao edificio da Casa de Cultura na procura de máis espazo para poder ofrecer un servizo bibliotecario en condicións e adaptado ás necesidades da poboación de Vilagarcía. Aínda que nese momento o traslado supuxo unha importante mellora –triplicaba a superficie dispoñible no edificio de Ravella-, o certo é que a demanda dos usuarios e os novos hábitos de lectura e estudo, xunto co propio crecemento dos fondos do centros, foron creando novas necesidades de servizos que requirían tamén de maior superficie. Pasada a primeira década no século XXI, as dependencias da rúa Rey Daviña comezaron a quedar escasas, situación que se foi agudizando co paso dos anos.

Resolver esta problemática e atender as demandas dos usuarios foron un dos obxectivos que Alberto Varela se marcou para o seu segundo mandato, un logro que está a piques de materializarse tras anos de xestións e dun forte investimento. O primeiro paso foi a adquisición dos locais da antiga sede do Liceo-Casino por 450.000 euros. Tras isto, o Concello de Vilagarcía dedicou á construción da nova Biblioteca Municipal 1.648.266 euros financiados nun 70% a través do programa ReacPon da Deputación e no 30% restantes con fondos municipais.

Un centro moderno e funcional axeitado aos requirimentos do século XXI

O novo emprazamento no local da rúa Castelao permite á Biblioteca Municipal dispor de 1.482 metros cadrados (1.274 metros de superficie interior e 208 de terrazas e patios) distribuídos en tres niveis: baixo, entreplanta primeira e entreplanta segunda. As instalacións destacan pola súa luminosidade e polos espazos diáfanos perfectamente adaptados aos usos e necesidades dunha biblioteca do século XXI, segundo o deseño realizado polo arquitecto Alberto Redondo, no que prima a funcionalidade e a comodidade do usuario, así como os criterios de eficiencia enerxética e accesibilidade.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -