_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello proxecta a ampliación da rede de saneamento nas rúas Bernardas e Torre de Guillán

O Concello de Vilagarcía segue traballando para lograr que os servizos municipais cheguen incluso ás zonas menos accesibles e de maior complexidade debido á súa orografía. Despois das obras para dotar de saneamento a lugares como Pedramogueira ou á rúa Loureiro da Galufa, a seguinte actuación prevista beneficiará ao núcleo de vivendas das rúas Bernardas e Torre de Guillán, que ata o de agoara non podían conectarse ao servizo por estar situadas por debaixo da rasante do colector xeral. Para resolver esta situación, e despois de varias xestións realizadas polo concelleiro de Obras e servizos, redactouse un proxecto específico valorado en 88.835 euros.
16.04.2024.- Esta ampliación da rede de saneamento consistirá na instalación dunha canalización que, partindo da rúa Bernardas, discorrerá en paralelo ao rego de Guillán para conectar co pozo de rexistro existente. Dado que o trazado afecta á zona de servidume do regato, adoptaranse medidas protectoras para evitar posibles filtracións por debaixo do nivel freático do terreo. En concreto, a canalización de PVC revestirase cunha cobertura de formigón, o mesmo material que se utilizará para construír os pozos de rexistro, garantindo así a súa estanquidade. O proxecto conta xa coa preceptiva autorización de Augas de Galicia.

Outra das xestións que houbo que realizar previamente á redacción do proxecto foi a obtención do dereito de paso polas parcelas de titularidade privada colindantes ao rego de Guillán. O concelleiro Lino Mouriño encargouse de contactar cos sete propietarios e de obter os necesarios permisos de cada un deles.

Ademais das actuación xa mencionadas, o proxecto redactado polo Enxeñeiro do Concello, Óscar Álvarez, tamén inclúe a reposición do pavimento dos viais públicos que se vexan afectados polas obras.

Unha vez aprobado o proxecto e obtidos os permisos de paso e a autorización de Augas de Galicia. O seguinte paso que dará o goberno local será buscar a vía de financiamento para executar os traballos. Como en actuacións similares se irá vendo a posibilidade de incluír a actuación nalgunha liña de subvencións doutras administracións ou botar man de fondos propios a través de baixas de prezos doutras obras, remanentes, etc…

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -