_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
Vilagarcía dáse a coñecer na cidade polaca de Zabrze a través dun grupo de alumnos do Armando Cotarelo

O alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de educación Paola María, recibiron esta mañá no Concello aos seis alumnos e aos tres profesores do instituto Armando Cotarelo Valledor que acaban de regresar de Polonia tras participar nun intercambio do programa europeo Learning to Learn. A maiores dos obxectivos educativos e culturais, o grupo aproveitou a súa estancia na localidade de Zabrze para promocionar Vilagarcía para o cal lucindo en todo momento sudadeiras coa publicidade institucional do Concello, prendas coas que tamén agasallaron aos estudantes do centro polaco de Zhoiz que participan na experiencia.
18.04.2024.- Esta promoción da localidade levouse a cabo a través dun convenio de colaboración entre o Concello e o instituto, financiando a administración local as sudadeiras convenientemente serigrafiadas coa imaxe corporativa de Vilagarcía e o nome do programa europeo, e comprometéndose os participantes do intercambio a vestir a uniformidade durante toda a viaxe.

Varela dou a benvida á expedición vilagarciá que estivo en Zabrze entre o 6 e o 13 de abril e agradeceulles que levaran a imaxe da cidade e a deran a coñecer en todos os lugares polos que pasaron e a todas as persoas que tiveron a oportunidade de coñecer. Pola súa banda, Paola María interesouse polas experiencias vividas polo alumnado e polo retorno da actividade, comentándolles eles o contido da viaxe e as visitas realizadas, información que, como traballo final, os estudantes recollerán nunha memoria que entregarán en Ravella.
Como remate, os participantes no intercambio entregaron ao alcalde unha bolsa con folletos e material publicitario de Zabrze.
 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -