_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Os cemiterios municipais de Vilagarcía súmanse á compostaxe

O Concello de Vilagarcía continúa expandindo a compostaxe por todo o municipio no marco das distintas estratexias que se están a desenvolver para reducir a fracción orgánica do lixo. Neste contexto, os cemiterios municipais (o de Rubiáns e o de Carril) súmanse á experiencia e compostarán in situ os restos florais e vexetais que se xeran nas instalacións. O abono resultante utilizarase nas zonas verdes dos camposantos.
18.04.2024.- Esta non é a única medida posta en marcha nos cemiterios municipais para mellorar a xestión dos residuos. Co obxectivo de facilitar a separación do lixo de cara ao seu posterior reciclado, nos dous camposantos distribuíronse varias illas de contedores con colectores diferenciados para cada tipo de residuos. Cada punto de depósito consta de un contedor amarelo para plásticos e envases, outro gris para a fracción de resto, e un marrón para a fracción orgánica. Este último residuo será xestionado e debidamente compostado nas propias instalacións polos operarios dos cemiterios, para o que contarán coas indicacións e seguimento técnico dos mestres composteiros do Concello. O sistema está xa en marcha nas dependencias de Rubiáns, e nos vindeiros días implantarase tamén nas de Carril.

De forma paralela, os mestres composterios continúan traballando cos centros educativos do municipio, tanto cos que xa levan tempo compostando, como cos que comezarán a facelo en breve. Os técnicos estiveron a semana pasada co alumnado do Centro de Educación Especial de Marxión -que composta xa dende hai un par de anos- para lembrarlles o proceso de peneirado do compost e posteriormente utilizalo nunha plantación nas instalacións do centro educativo.
E o vindeiro martes, 23 de abril, visitarán a Escola Infantil do Vilar-Bamio para poñer en marcha o proceso cunha charla explicativa sobre como utilizar o composteiro e os simples coidados que se teñen que seguir (aireado, control de temperatura, etc…) para a correcta conversión da materia orgánica en abono a través do proceso natural de descomposición.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -