_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A prestixiosa pianista Yeol Eum Som regresa a Vilagarcía para ofrecer un concerto xunto co violinista Svetlin Roussev

A prestixiosa pianista Yeol Eum Son regresa a Vilagarcía para protagonizar un concerto xunto co tamén recoñecido violinista Svetlin Roussev. Organizado pola Sociedade Filarmónica de Vilagarcía, “Grandes románticos” é un dos concertos máis importantes desta tempada. Terá lugar o sábado, 20 de abril, a partir das 20.30 horas no Auditorio Municipal. A entrada é de balde para os socios da SFV e custará 18 euros para o resto do público. As localidades podarán adquirirse na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do inicio do espectáculo.
19.04.2024.- Coa de mañá será a segunda vez que Yeol Eum Son actúe en Vilagarcía. A primeira foi en 2016, no concerto inaugural da SFV, que aínda se recorda por ser un dos mellores nestes últimos oito anos. Para a pianista surcoreana esa actuación tamén foi moi especial xa que representou o seu debut en España.

Desta volta, a pianista regresa acompañada con outro recoñecido intérprete, o violinista búlgaro Svetlin Roussev. Xuntos acaban de publicar o CD “Love Musicc”, con obras de compositores como Waxman, Korngold, Kreisler e Strauss que tamén interpretarán na actuación de mañá no Auditorio.

Yeol Eum Son gañou en 2011 a Medalla de Plata do Concurso Internacional Tchaikovsky e recibiu o premio á Mellor Interpretación de Concerto de Cámara. A proxección internacional da surcoreana vai en aumento, como así o demostran os concertos ofrecidos con grandes orquestras de todo o mundo e baixo a batuta de directores como Lorin Maazel, Dmitri Kitajenko, Valery Gergie ou Antonio Pappano, entre outros. E na modalidade de música de cámara, na actual tempada musical, ademais de en Vilagarcía, tren previsto tocar en Melbourne, Adelaida e Singapur, entre outras ciudades.

Pola súa banda, Svetlin Roussev goza dunha prestixiosa traxectoria internacional, tendo actuado nalgunhas das salas máis importantes do mundo, como no Teatro Bolshoi, o Seoul Arts Center, o Théâtre des Champs Elysées, a Cité de la Musique, o Palais des Beaux Arts de Bruselas ou o Palacio de Naciones Unidas de Ginebra.

Roussev é un convidado habitual de grandes orquestras (Orchestre National de France, Orchestre National de Belgique, Tokyo Philharmonic Orchestra...), e tamén un apreciado compañeiro de música de cámara para artistas como Myung-Whun Chung, Yeol-Eum Son, Bertrand Chamayou ou Gautier Capuçon. Ademais, é membro fundador do Trío Roussev-Salque-Rozanova.

O violinista búlgaro tamén desempeña unha faceta docente como profesor da Escola Superior de Música de Ginebra, centro ao que se incorporou despois dunha década impartindo clases no Conservatorio Superior de Música de Paris.

Como nota anecdótica, Roussev toca un Stradivarius 1710 Camposelice cedido pola Nippon Music Foundation.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -