_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O alumnado do Conservatorio protagoniza esta semana dous concertos abertos ao público

O Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía desenvolve no mes de abril unha intensa actividade, tanto no ámbito formativo do seu alumnado, como en materia de promoción da súa oferta educativa entre a poboación do municipio. No primeiro eido, o alumnado do centro ofrecerá a semana que vén dous concertos abertos ao público. E en relación ao segundo, o CMUS está levando a cabo unha campaña divulgativa nos colexios da cidade.
20.04.2024.- Os concertos de solistas protagonizados polo alumnado de diversas especialidades celebraranse no Auditorio. O primeiro será o martes, 23 de abril, ás 19:00 horas e nel intervirán educandos de piano, frauta, trompeta e percusión que, para a ocasión, interpretarán obras de R. Schumann, P. Eben, P. I. Tchaikovsky, E. Grieg, G. P. Telemann, L. Picavais e W. Benson.

O segundo concerto terá lugar o xoves, 25 de abril, e comezará ás 18:00 horas. Actuará alumnado de piano, guitarra, frauta, violín, violonchelo, trombón e trompa e interpretarán obras de E. Grieg, M. Linnemann, E. Satie, A. Skoumal, J, S. Bach, F. Schubert, F. Doppler, F, Chopin, A. Piazzolla, C. Debussy, C. M. von Weber, F. Chopin, J. Brahms e W. A. Mozart.
Nos dous casos a entrada é libre e de balde.


Estes concertos forman parte do plan formativo do Conservatorio e complementan ás audicións trimestrais que o alumando realiza en conxuntos, coro e orquestra. Cos concertos de solistas búscase que o alumnado colla soltura actuando ante o público nun escenario como o Auditorio Municipal. A suma dos dous tipos de actuacións posibilita que a formación musical dos educandos acade mellores obxectivos e uns resultados integrais.

Promoción nos colexios

Por outra banda, desde o xoves 18 de abril e ata o 6 de maio, o profesorado do Conservatorio xunto cos alumnos máis avantaxados percorrerán os centros educativos de Vilagarcía para promocionar neles o ensino musical. A través de actividades amenas, adaptadas á idade do público e interactuando en todo momento con el, os docentes e educandos do CMUS amosan aos escolares dos primeiros cursos da educación primaria algúns dos instrumentos que se imparten no centro. O obxectivo é fomentar o coñecemento e espertar o interese polos instrumentos menos coñecidos, á vez que captar futuros alumnos para o Conservatorio.

Probas de acceso

Ademais, o Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía informa de que o prazo de matriculación para as probas de acceso de cara ao curso 2024-2025 vai do 2 ao 10 de maio. A información xa está dispoñible na web do centro http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionalvilagarcia /
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -