_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello encarga o proxecto de humanización da rúa Bouza de Abaixo á empresa Zubía Ingenieros

O Concello de Vilagarcía vén de contratar os traballos de redacción do proxecto de Humanización da rúa Bouza de Abaixo, en Vilaxoán. A firma Zubía Ingenieros será a encargada de deseñar a intervención que transformará a rúa nunha vía de plataforma única, de uso compartido entre peóns e vehículos, que permita gañar espazos públicos e zonas verdes. Pero ademais, o documento debe recoller a renovación integral da rede de saneamento para poñer fin aos problemas que se están a dar debido á antigüidade do servizo.
20.04.2024.- Os traballos de redacción do proxecto adxudicáronse por importe de 16.940 euros, que se financian nun 90% cunha achega do Plan Ágora 2023 da Deputación de Pontevedra e no 10% restantes con fondos municipais. O prazo de entrega do traballo é de dous meses.

Coa planificación desta intervención o goberno local cumpre o compromiso adquirido coa asociación de veciños de Vilaxoán que demandaba actuar en Bouza de Abaixo para resolver os atascos na rede de saneamento que se producen con episodios de chuvias intensas, cando o sistema colapsa na parte máis baixa da rúa e desborda, creando graves molestias aos residentes na zona.

Pero a intervención será moito máis ambiciosa xa que, ademais de renovar o servizo do saneamento, servirá para mellorar as condicións de mobilidade e a estética dunha rúa situada en pleno casco mariñeiro. Así, malia o angosto da rúa e á pendente da mesma, a actuación contribuirá a crear maior sensación de amplitude e permitirá habilitar itinerarios peonís seguros. O tratamento final será o que o equipo redactor do proxecto dispoña, pero sempre utilizando materiais acordes coa entorna, con certa adherencia para evitar escorregamentos nas zonas con pendente pronunciada, e dando protagonismo aos elementos vexetais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -