_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Os concertos en directo regresan a partir do 12 de maio aos barrios de Vilagarcía cunha nova edición do Ágora Vermú

Coa primavera e a chegada do bo tempo regresa tamén as rúas de Vilagarcía o Ágora Vermú, o ciclo de concertos matutinos organizado pola Concellería de Cultura que despega o domingo 12 de maio. A edición de 2024 levará a música en directo de destacados grupos galegos por distintos lugares do municipio. Aos escenarios de Vilaxoán, Carril, Piñeiriño e Méndez Núñez súmase este ano o barrio de Os Duráns, que tamén contará cun concerto ao aire libre para o deleite da veciñanza e de todas as persoas que desexen gozar dunha animada sesión vermú. O cartel deste ano compóñeno Adrián Costa, Fla-menco, Néstor Pardo, Las Antonias e Onfire Quartet.
25.04.2024.- A sétima edición deste ciclo musical presentouse esta mañá no Concello nun acto que contou coa presenza do alcalde, Alberto Varela, da concelleira de Cultura, Sonia Outón, e do compoñente do grupo Fla-mecos, Pepe Santamaría Medin, afincado dende hai máis dunha década en Vilagarcía.

O Ágora Vermú é un programa deseñado e promovido pola Concellería de Cultura co obxectivo de ampliar a oferta cultural fora da tempada de verán, de levar a música aos diferentes lugares do municipio e de que, debido ao horario matutino, poida gozar dela tanto o público adulto como o infantil e xuvenil. Outón lembrou que en Vilagarcia existe unha gran tradición de concertos matinais, coas sesións que dende antigo ofrecía a Banda de Música os domingos pola mañá, e coas posteriores “sesións vermú” das verbenas. “Nós quixemos recoller esa tradición e actualizar as sesións vermú coa música dos grupos e artistas de hoxe en día”, apuntou a concelleira.

Pola súa banda, o rexedor lembrou o efecto de dinamizacio´n social e económica que ten este tipo de actividades, ao levar actividade cultural e lúdica a distintos lugares da cidade e contribuír a xerar unha maior actividade nos locais hostaleiros desa zona “porque escoitar boa música aínda é máis agradable se o acompañas tomando unha caña ou un auga nunha terraza da zona”.

Pola súa banda, o músico de Fla-mecos, Pepe Santamaría, agradeceu a iniciativa do Ágora Vermú. “Paréceme unha idea xenial tanto para a xente que pode gozar deste tipo de concertos como para os propios grupos, que encontran neste espazo unha vía máis para poder traballar. Debería haber moitos máis ciclos así. Debería haber un ágora albariño, un ágora marisco…), apuntou.

Calendario

Os concertos celebraranse en domingos sucesivos, dende o 12 de maio ao 9 de xuño. Todos son ao aire libre e de balde, e comezarán ás 13.00 horas.

- 12 de maio. Rúa Méndez Núñez. Adrián Costa: Cantante e guitarrista de blues nado en Compostela, Adrián Costa é un dos representantes mais valorados do blues español. Blues, funky e soul son as súas referencias, aínda que non renega de mesturalos coas súas raíces latinas. Un guitarrista cunha voz poderosa, que non concibe a música sen o baile.

- 19 de maio. O Piñeiriño. Fla-meco: Posiblemente a mellor banda de rumbas de Galicia, con mais de dez anos ás súas costas, Fla-mecos pode presumir de ter un directo cuxo valor engadido é o baile e a diversión. Fan versións dos temas máis bailables de rumbas recoñecidos por todas e todos... Alén diso, Fla-mecos conta cun músico de Vilagarcía: ex integrante de Heredeiros da Crus, aínda que nacido en Noia, Pepe Santamaría Medin, leva doce anos vivindo en Vilagarcía.

- 26 de maio. Praza Rafael Pazos (Vilaxoán). Néstor Pardo: O músico coruñés convídanos a unha viaxe que transcende ao tempo e o espazo. Música de raíz que nos traslada ao sur dos Estados Unidos, lugar onde atoparnos coa alma do blues. Alimentado coas experiencias dunha viaxe inabarcable, ateigado de referencias musicais e experiencias propias, Néstor acude a Vilagarcía desde New Orleans, onde recentemente gravou o seu álbum Dauphine ST. Blues, que presentará no Ágora Vermú.

- 2 de xuño. Praza da Liberdade (Carril). Las Antonias: A banda galega, nada no ano 2015, ten un amplo repertorio de boleros, aínda que fan moito máis que iso. A súa música empápase do pop, da rumba e ate de ritmos ska... e os seus directos son unha festa interxeracional, con versións de onte actualizadas para os días que corren, e con letras feministas para unha festa ateigada de sensualidade, loita e diversión.

- 9 de xuño. Os Duráns. Onfire Quartet: é unha formación creada para gozar do mellor repertorio da música afroamericana, repasando o catálogo dos artistas máis reputados dos EEUU e recollendo temas de colleita propia. Formado por catro músicos excepcionais, curtidos e respectados na escena madrileña, este “Dream Team” está liderado polo vilagarcián Pablo Pérez. A súa música fai gozar e bailar.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -