_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno local recibe aos representantes da coordinadora veciñal nun encontro de presentación oficial

A Coordinadora de Asociacións Veciñais de Vilagarcía presentouse hoxe de forma oficial no Concello. Os representantes dos colectivos integrantes da entidade de recente creación foron recibidos polo alcalde, Alberto Varela, a tenente de alcalde, Tania García, e a concelleira de Cultura, Sonia Outón, que, tras saudar a todos os asistentes e facer a foto de grupo na entrada do consistorio, mantiveron unha xuntanza cos representantes do colectivo na Alcaldía.
26.04.2024.- Dado que, tanto o alcalde como os concelleiros do grupo de goberno xa coñecían persoalmente practicamente a todos os representantes das asociacións debido ao contacto permanente e directo que leva mantendo o goberno local cos colectivos veciñais ao longo destes anos, a reunión de hoxe foi, máis que nada, unha presentación protocolaria da nova agrupación que aglutina a todas as entidades do municipio.

Como xa se dixera no seu día, o goberno local amosouse satisfeito pola creación desta coordinadora, valorándoa como unha iniciativa moi positiva, tanto para fomentar a participación dos veciños, como para optimizar a relación destes co Concello actuando como canalizadora das propostas ou necesidades comúns das distintas zonas do municipio.

Independentemente de que o goberno local seguirá reuníndose e atendendo individualmente a cada asociación para os temas propios de cada unha delas, a partir de hoxe ábrese unha nova liña de traballo a través da coordinadora, que será a encargada de propoñer iniciativas ou tratar asuntos que afectan por igual a todos os colectivos, como por exemplo os convenios para a xestión dos centros socioculturais.

Mantendo o procedemento que se estaba a seguir coas asociacións a título particular, tamén a coordinadora terá liña permanente e constante cos membros do goberno local, cos que se reunirán periodicamente para trasladar demandas e facer seguimento dos temas abordados previamente.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -