_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
81 equipos participan o 5 de maio no XIII Tríatlon Concello de Vilagarcía

O tríatlon regresa o vindeiro domingo, 5 de maio, a Vilagarcía coa celebración do XIII Tríatlon Concello de Vilagarcía- Campionato Galego por equipos contra reloxo, un evento deportivo que contará coa participación de 81 equipos masculinos e femininos das categorías absoluta, open e escolar. O evento organizado pola Fundación Municipal de Deportes volverá a ter como epicentro Vilaxoán, xa que a proba de natación realizarase en augas do peirao desta localidade e alí establecerase tamén a liña de saída e meta dos circuítos das carreiras ciclista e pedestre.
27.04.2024.- Pechada a inscrición no día de onte, no Campionato Galego absoluto participarán 26 equipos masculinos e 8 femininos. No Open están inscritos outros 26 equipos de homes e 2 de mulleres, mentres que na categoría escolar competirán 10 equipos de nenos e 9 de nenas.

As distancias a cubrir adaptaranse a cada categoría. Así, no Campionato Galego absoluto e no Open os participantes deberán nadar 750 metros, completar 20 quilómetros en bicicleta e correr outros 5 a pé. Na modalidade escolar, a proba de natación terá unha distancia de 300 metros, a ciclista de 10 quilómetros e a carreira pedestre, de 2,5.

Como xa se dixo, a proba de natación desenvolverase en augas do peirao de Vilaxoán. O circuíto de ciclismo comezará na transición situada na explanada da rúa Preguntoiro pola rúa do Peirao, xirando á esquerda por Avelina Nogueira, para continuar pola rúa Víctor Pita e Valle Inclán ata o punto de retorno situado á altura da rúa Alexandre Bóveda, xa en Vilagarcía, dende onde se regresará de novo por Valle Inclán, continuando por Víctor Pita e rúa Preguntoiro. Por último a carreira a pé establécese nun circuíto de dúas voltas para a proba absoluta,comezando dende a zona de transición do peirao de Vilaxoán ata o punto de retorno, regresando polo mesmo muelle e continuando pola rúa Preguntoiro ata o final da mesma.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -