_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
High Paw imparte o venres en Vilagarcía un obradoiro de rap feminista, con inscrición de balde

A rapeira High Paw, unha das principais expoñentes galegas do xénero, impartirá este venres o venres un obradoiro de hip hop e improvisación dende unha vertente feminista, titulado ‘Aprendendo a dar resposta’. O obradoiro pretende dotar á rapazada de ferramentas de expresión e de defensa oral que lles permitan dar resposta a agresións verbais. Para iso utilizará xogos de improvisación e outra técnicas propias da cultura hip hop.
29.04.2024. As e os participantes aprenderán os conceptos básicos do rap (ritmo, flow, rima…) e descubrirán as posibilidades da súa voz e toda a súa versatilidade á hora de crear personaxes ou xerar ambientes.

Nunha segunda parte, explica High Paw, “achegarémonos aos xogos de improvisación galegos, como a regueifa, e a outros que teñen que ver co rap, como as batallas de galos. Escoitaremos algún exemplos en directo, e por suposto, xogaremos!”.

O obradoiro está dirixido a rapazas e rapaces a partir dos 10 anos. Impartirase na sala de conferencias do auditorio, o venres 3 de maio, de 16 a 18.30 h.

A inscrición é de balde e pode realizarse por correo electrónico ( muller@vilagarcia.gal ), a través da web sede.vilagarcia.gal ou presencialmente na Área de Igualdade do concello de Vilagarcía.

HIGH PAW
Consolidada artista galega que dende parques e escenarios vén acumulando experiencias de facer música en grupos e quere achegar á mocidade novas formas de relacionármonos dende o respecto, a asertividade, a expresión verbal creativa e o disfrute do tesouro da música, que é de todas as persoas.

Ten publicados varios discos e actuado nas principais salas galegas ademais de en festivais como o Minho Reggae Splash, Revenidas, Fiestizaje ou Verdoejo Rock, en Portugal.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -