_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Vilagarcía festexa o mes das Letras Galegas cunha programación dedicada á obra de Luísa Villalta Gómez

A Concellería de Cultura de Vilagarcía desenvolverá ao longo do mes de maio unha ampla programación con motivo das Letras Galegas e coa finalidade de homenaxear e divulgar a obra de Luísa Villalta Gómez, a autora á que a Real Academia Galega dedicou á celebración deste ano. Nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, Luísa Villalta Gómez, foi unha escritora, filóloga e violinista que escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio e artigo e tamén fixo traducións. Contacontos para os máis cativos, exposición bibliográfica, cine e baile tradicional con algunhas das actividades programadas polo departamento que dirixe Sonia Outón para divulgar a obra desta creadora.
02.05.2024.- Os nenos e nenas serán os encargados de inaugurar o programa de actos cos dous espectáculos infantís baseados en textos da autora homenaxeada. O primeiro, este mesmo sábado, 4 de maio, terá lugar ás 12.30 horas no Salón García e consistirá na narración oral e de monicreques “Isaura e Tristán”, creada pola compañía Urdime a partir do libro de Luísa Villalta “As chaves do tempo”. A actividade organízase a través do programa de dinamización lingüística Falaredes. E a entrada é libre e de balde.

O segundo espectáculo familias terá lugar o sábado 11 na sala de conferencias do Auditorio, tamén a partir das 12.30 horas. Neste caso será a cargo da compañía Polo Correo do Vento que, para a ocasión, pon en escena “Tinta de Mar. Pequena Biografía de Luísa Villalta”, unha actividade de contacontos ilustrados baseada no libro sobre a escritora editado por Polo Correo do Vento e Lela Edicións. A asistencia é gratuíta.

O mesmo sábado 11 pola tarde o Auditorio acollerá a cita co folclore tradicional: o XVI Festival das Letras Galegas Nós de Sobradelo. A partir das 19.00 horas, as formacións das escolas de baile, canto, gaita e percusión da asociación cultural vilagarciá irán pasando polo escenario para interpretar o repertorio preparado para a ocasión. Como entidade convidade actuará o grupo folclórico da A.C.D. Dorna da Illa de Arousa. A entrada é de balde.

As actividades escolares tamén teñen espazo na programación das Letras Galegas cun acto conxunto que se desenvolverá o xoves, 16 de maio, a partir das 11.00 horas no Auditorio. Alí, alumnado de distintos centros da cidade renderán homenaxe a Luísa Villalta cos seus traballos e espectáculos.

Os amantes do cine, e en particular, das producións galegas, terán ese meso día a oportunidade de ver unha das películas máis premiadas o ano pasado. Trátase de “Matria”, o film que Álvaro Gago rodou en terras arousás e que protagonizan María Vázquez, Santi Prego, Soraya Luaces e Tatán. A proxección organizada pola Concellería de Cultura coa colaboración do Cine Club Ádega comeza ás 20.30 horas e a entrada é libre e de balde ata completar aforo.

Como vén sendo habitual dende hai anos, o 17 de Maio, o propio Día das Letras Galegas, o programa terá centralizarase en Carril. Alí, durante toda a mañá realizaranse diferentes actos que comezarán ás 11 horas cun pasarrúas e continuarán ás 12 co baile tradicional da Escola Gato Negro e Malveiras. Ás 12.30 realizarase a ofrenda floral a Rosalía de Castro e os actos pecharanse de forma máis lúdica co concerto que, a partir das 13.00 horas, ofrecerá Xosé Duarte na Praza da Liberdade.

A programación das Letras Galegas complétase coa tradicional mostra bibliográfica organiza a Biblioteca Municipal “Rosalía de Castro” de Vilagarcía sobre o autor ou autora homenaxeado cada ano. O centro exporá ao público as obras que posúe sobre Luísa Villalta, tanto as escritas por ela, como as que, sobre ela, realizaron outros autores. A novidade deste ano é que, a mostra das Letras Galegas inaugurar espazo na nova Biblioteca. Exporase na zona de recepción das flamantes instalacións.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -