_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Anan Abdalah presenta a segunda parte da triloxía “Ojos de Palestina” en plena recrudescencia dos ataques israelís

El plena recrudescencia dos ataques israelís a Rafah e á rexión de Gaza, e inmersos nun complicado proceso de negociación do alto o fogo, o drama do pobo palestino cobra protagonismo en Vilagarcía co novo libro de Anan Abdalah. O médico xubilado, afincado en Galicia dende hai 52 anos, vén de publicar a segunda parte de “Ojos de Palestina”, traballo que presentará este venres, 10 de maio, ás 20.30 horas no acto público a celebrar na Sala de Conferencias do Auditorio. Como xa acontecera na posta de largo da primeira novela, o alcalde, Alberto Varela, acompañará ao autor nunha sesión na que tamén intervirán os xornalistas Fernando Salgado e Serxio González. A entrada é libre e de balde.
07.05.2024.- A ficción novelada de “Ojos de Palestina” cobra, se cabe, maior realismo no panorama actual no que nos atopamos. A segunda obra da triloxía avanza na aproximación histórica, persoal e sentimental ao pobo ao ansiado Estado Palestino que o autor presenta a través da vida de varias xeracións dunha mesma familia. As vivencias persoais e cotiás destas persoas, xunto cos feitos históricos e os acontecementos mediáticos que se suceden e condicionan a súa existencia, achegan ao lector a un drama sostido no tempo pola incapacidade, á impotencia e, en ocasións, mesmo a aquiescencia da Comunidade Internacional.

Trátase dunha “feroz, pero documentada crítica aos que por acción ou omisión, ocasionaron ou permitiron o sufrimento do pobo Palestino”, e unha mostra de solidariedade con todas as vítimas desta inhumana inxustiza.

O autor

Anan Abdalah naceu en 1954 en Nablus, unha localidade situada ao norte de Xerusalén. Alí cursou os seus estudos primarios e preuniversitarios, trasladándose a España en 1972. Aquí, estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, profesión que exerceu no noso país durante 33 anos, tanto na área pública como na privada.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -