_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A implantación do contedor marrón arranca cunha campaña informativa a pé de rúa

O Concello de Vilagarcía segue avanzando no modelo de xestión dos residuos orgánicos poñendo en marcha o novo servizo para a recollida urbana da parte orgánica do lixo que se produce nas casas. Seguindo os requirimentos de sustentabilidade que establece a Unión Europea para a redución dos residuos, este venres ponse en marcha a campaña informativa coa que arranca a implantación do contedor marrón. Esta acción para dar a coñecer á veciñanza o funcionamento do sistema irá acompañada da instalación do quinto contedor, o destinado á materia orgánica, que se engadirá ás illas onde xa están os restantes depósitos para a recollida separativa dos residuos.
08.05.2024.- A carpa informativa instalarase nestes primeiros días en diferentes puntos do casco urbano de Vilagarcía, en Vilaxoán e en Carril. Así, o venres 10 estará pola mañá na Praza de Ravella e pola tarde na de Galicia. O luns 13 fará escala na Praza de España pola mañá e na Alameda pola tarde; mentres que o martes 14 recalará na Praza da Liberdade en horario matinal e no Parque de Dona Concha pola tarde. En todos os casos, o punto informativo funcionará en horario de 10.30 a 13.30 horas e de 15.30 a 18.30. A vindeira semana avanzaranse os seguintes lugares aos que se trasladará a carpa para continuar informado aos vilagarciáns sobre a nova prestación.

Un kit de compostaxe como agasallo

Formadores ambientais serán os encargados de explicar aos cidadáns o funcionamento do novo servizo, incidindo en que tipo de residuos orgánicos se poden botar no contedor marrón. Como xa se dixo, os colectores terán apertura electrónica, polo que para poder utilizalos, os usuarios deberán contar coa correspondente tarxeta que poderán obter no mesmo punto informativo. Ademais, as persoas que acudan á carpa recibirán un kit de compostaxe, formado por un tríptico informativo, un cubo de 10 litros de capacidade para acumular nas casas a materia orgánica, e un feixe de bolsas compostables para depositala nos contedores marróns.

A través dun sistema de recollida similar ao dos demais residuos, os restos orgánicos dos contedores marróns recolleranse e se trasladarán á planta de compostaxe de Baión para convertelos en compost. Deste xeito redúcese o custe ambiental e económico que supoñía desfacerse desta parte do lixo mediante a incineración e, a cambio, a través dun proceso totalmente natural, obtense o fertilizante natural co que aboar plantas ou cultivos.

Coa colaboración do Comelixos Organicarme

A campaña informativa sobre o contedor marrón contará co apoio de Organicarme, un simpático monstro que se alimenta dos restos vexetais e de comida que desbotamos a diario nas nosas casas e os converte no fertilizante natural e ecolóxico que é o compost. Ademais, para que ninguén se despiste, Organicarme é de cor marrón, como o colector no que se deposita este tipo de lixo. Este boneco forma parte dos Comelixos, as personaxes que ilustran a campaña presentada hai unhas semanas por Urbaser e o Concello para dar a coñecer as novidades do contrato do lixo e facilitar o coñecemento de cada contedor e o tipo de residuos ao que vai destinado.

O colector marrón é a pata máis importante sobre a que se sustenta o plan de xestión da materia orgánica en tanto que, ao estar deseñado para as zonas urbanas densamente poboadas, onde a xente vive en bloques de vivendas, dará servizo á maioría da cidadanía de Vilagarcía. As outras dúas patas deste plan son a compostaxe invididual, que funciona xa dende hai máis dunha década en vivendas unifamiliares do rural, e a comunitaria, máis recente pero que tamén se realiza en zonas da periferia que reúnen as condicións, como O Piñeiriño e outras de recente implantación. Para o desenvolvemento da compostaxe individual e comunitaria o Concello conta cos mestres composteiros, que se encargan de informar, facer o reparto de material e realizar o seguimento e control dos procesos das persoas que participan nos plans.

Unha web para contactar e obter toda a información dos servizos

O quinto contedor forma parte dos servizos de nova implantación incluídos no contrato de recollida de lixo adxudicado hai un ano a Urbaser. A empresa concesionaria será a encargada de desenvolver esta campaña informativa, que se complementa coa páxina web á que poder recorrer os usuarios para obter información detallada sobre todos os servizos que se presta, para concertar cita para a recollida de voluminosos ou para trasladar incidencias ou peticións á empresa, entre outras cuestións. O enderezo web é medioambiente.vilagarcia.gal

 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -