URBANISMO
O Concello de Vilagarcía, premiado de novo polas súas políticas de mobilidade e accesibilidade O Concello de Vilagarcía vén de sumar un novo recoñecemento as súas políticas de mobilidade e accesibilidade. Os Premios Internacionais que outorga Empresas por la Movilidad Sostenible, co apoio dos ministerios de Transportes e de Transición Ecolóxica, valoraron o proxecto de Vilagarcía de Arousa dentro da categoría de municipios pequenos ou medianos. Entre os galardoados noutros apartados están a Área Metropolitana de Barcelona, a Empresa de Transportes de Madrid ou a Rexión Nova Aquitania, cuxa capital é Burdeos.
08.05.2024. Segundo o xurado, o Concello de Vilagarcía foi merecente deste premio “por sus iniciativas para el impulso de la movilidad sostenible, como la implantación del ‘metrominuto’, que impulsa la movilidad a pie al indicar cuánto se tarda en llegar andando de un sitio a otro; un programa de caminos escolares seguros que fomenta la autonomía en la infancia a través de rutas organizadas y acciones de urbanismo táctico en los alrededores de los colegios; o el servicio municipal de alquiler de bicicletas y el desarrollo de las ciclovías”.
O premio foi recollido en Madrid polo alcalde, Alberto Varela, xunto coa concelleira de Urbanismo e Mobilidade, Paola María. No acto participaron José Antonio Santano, secretario de Estado de Transportes y Movilidad Sostenible; Hugo Morán, secretario de Estado de Medio Ambiente; Sara Aagesen, secretaria de Estado de Energía; Pere Navarro, director da Dirección Xeral de Traffico; e Susana Gómez, subdirectora adxunta de Vehículos da mesma DXT.
Os “Premios Internacionales de Movilidad” buscan distinguir as boas prácticas e iniciativas en mobilidade, tanto no sector público como no privado. Os seus obxectivos son visibilizar casos de éxito e facilitar unha dinamización das mellores solucións que axuden a xerar resultados con impactos positivos a curto, medio e longo prazo, contribuíndo así a consecución dos obxectivos de forma máis eficiente.
A relación de premiados, no que figura o Concello de Vilagarcía, e que da conta da súa importancia, e esta:
- Premio Especial Internacional: Región Nueva Aquitania (capital Burdeos, Francia). - Premio Municipio grande: Área Metropolitana de Barcelona. - Premio Municipio mediano - pequeño: Vilagarcía de Arousa (Galicia). - Premio Empresa pública: Empresa Municipal de Transportes de Madrid (EMT). - Premio Especial Investigación: MAPFRE. - Premio ONG, Fundación, Asociación, Otros: Colegio Marista - Nuestra Señora de la Salud –. - Premio Producto: Mooevo Green. - Premio Servicio: Acciona – Silence. - Premio Especial de Movilidad al Trabajo: Sanitas. - Premio Especial Impulsa: María de la Paz Robina, directora general de Michelin España-Portugal. - Premio Empresa privada - PYME: Geever. - Premio Empresa privada - Gran Empresa: Grupo Freixenet. - Premio Especial Estrategia: NACEX by Logista.