_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
Os Servizos Sociais do Concello destinaron 3 millóns de euros aos programas e prestacións realizados en 2023

O Concello de Vilagarcía destinou o ano pasado 2.997.716 euros a financiar os programas e prestacións cos que os Servizos Sociais Municipais dan cobertura psicosocial e económica ás persoas e colectivos máis vulnerables da cidade. O importante orzamento do Centro de Servizos Sociais Comunitario Básico reflicte a elevada actividade coa que conta, tanto a nivel administrativo como de atencións. De feito, en 2023 foron 1.757 usuarios/as (non repetidos) os que pasaron polas dependencias municipais a realizar todo tipo de xestións, e se rexistraron 5.285 intervencións técnico profesionais.
09.05.2024.- O volume de traballo do CSSCB queda tamén patente a nivel administrativo cos 2.266 expedientes creados no período a estudo (990 máis que o exercicio anterior) e cos 1.286 expedientes familiares cos que se traballou ese ano.

As políticas sociais son unha das principais prioridades do goberno que preside Alberto Varela. Isto demóstrase no incremento anual da partida que os orzamentos municipais reservan aos Servizos Sociais (151.408 euros máis que no exercicio anterior) e no esforzo que as arcas municipais teñen que realizar ante a escasa colaboración da administración autonómica. De feito, o Concello asume o 70% do orzamento do CSSCB financiando algo máis de 2 millóns de euros, fronte aos 901.000 (o 30%) que achega a Xunta de Galicia.

Malia todo, o executivo segue apostando polas políticas sociais poñendo, non só os recursos económicos necesarios para garantir unha ampla cobertura das necesidades existentes, se non tamén, os recursos humanos. De feito, o cadro de persoal dos Servizos Sociais foise incrementando nos últimos anos para poder atenden a demanda existente. No ano 2023, o equipo contou con 16 persoas: 7 traballadores/as sociais, 4 educadoras sociais (1 máis que en 2022), 4 auxiliares administrativas e a Coordinadora (licenciada e Psicoloxía).

Seis unidades de traballo e 25 proxectos en curso

A organización do traballo estrutúrase e repártese en seis unidades, cada unha das cales conta cos seus persoal. Así, os 7 traballadores sociais repártense entre a Unidade de Traballo Social (4 profesionais), a Unidade de Primeira Atención e Emerxencias (2) e a de Apoio á Unidade de Convivencia (1). As 4 educadoras sociais están adscritas á Unidade de Educación Social e as 4 auxiliares administrativas á unidade dedicada aos trámites administrativos. E dirixindo a actividade de todas elas está a Coordinadora.

Os Servizos Sociais do Concello organízanse en tres grandes áreas de prestacións, entre as que se desenvolven un total de 10 programas e 25 proxectos.

A través da Área de Apoio á Unidade de Convivencia e Axuda no Fogar préstanse o Servizo de Axuda no Fogar, e os programas de Apoio á unidade de convivencia (con proxectos como o Xantar na Casa ou a Teleasistencia domiciliaria), o de Apio á 1ºInfancia (a través do que se financian os gastos das escolas infantís públicas, ou o programa de educación e apoio familiar (con atención a familias e o proxecto Conciliatardes).

Na Área dedicada a Prevención e Inserción se levan a cabo os programas de Inserción Social e de Inclusión, o de Atención ás Persoas Maiores e o de Atención ás Persoas con Limitacións na súa Autonomía. Dentro deste apartado se ofrecen prestacións como as Axudas de Emerxencia Social, as Axudas á escolarización e aos estudos superiores, a atención a persoas sen fogar ou o proxecto de inclusión para persoas da etnia xitana, así como os obradoiros estimulación cognitiva e psicomotriz para maiores ou o bono bus municipal para este colectivo.

A última gran área de actuación dos Servizos Sociais e a de Fomento da Cooperación e da Solidariedade Social. Aquí, a través dos distintos programas desenvólvense iniciativas de Educación, sensibilización e dinamización comunitaria (como o Teatro Foro, o Empatiza, ou proxecto de Prevención ante o xogo e as apostas) e o programa básico de Cooperación e Solidariedade Social, onde se enmarcan as accións co Terceiro Sector, entre as que se atopan as axudas ás entidades sociais ou o protocolo de coordinación/ colaboración con estas organizacións.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -