_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
A veciñanza comeza a recoller as tarxetas para utilizar o contedor marrón da recollida da fracción orgánica do lixo

O servizo de recollida urbana da fracción orgánica do lixo púxose en marcha hoxe coa colocación dos primeiros colectores marróns e coa entrega das primeiras tarxetas para facer uso dos mesmos. Moitos dos veciños e veciñas que xa se deran de alta no servizo a través da web https://medioambiente.vilagarcia.gal acudiron á carpa informativa instalada en Ravella para recoller a tarxeta electrónica coa que se abren cos colectores e para facerse cun dos kits de compostaxe compostos por un cubo para recoller na casa os restos orgánicos, un feixe de bolsas biodegradables para depositalos no contedor marrón da rúa, e un folleto informativo.
10.05.2024.- Coa implantación do quinto contedor -o destinado ao reciclado da fracción orgánica do lixo que se xera nos domicilios (restos vexetais e de comida- Vilagarcía segue avanzando nunha xestión cada vez máis sostible dos seus residuos orgánicos. A posta en funcionamento do servizo está incluída no novo contrato de limpeza viaria e recollida do lixo adxudicado a Urbaser.
Nesta primeira fase da implantación, a concesionaria ten previsto comezar coa distribución de 70 colectores de apertura electrónica, número que se irá ampliando en etapas posteriores polos distintos lugares dos cascos urbanos de Vilagarcía, Vilaxoán e Carril. Os primeiros xa estaban operativos hoxe na Praza de Ravella, como puido comprobar o alcalde, Alberto Varela, na visita que realizou á carpa informativa.

Ademais, Urbaser dispón de 25.000 tarxetas de apertura para distribuír entre a poboación. As persoas interesadas en sumarse á recollida selectiva da materia orgánica para o seu reciclado, poden darse de alta previamente no servizo a través da web do servizo. Tamén poden facer a xestión directamente na carpa informativa que percorrerá a cidade nas vindeiras semanas.

Hoxe a carpa estivo na Praza de Ravella pola mañá e na de Galicia pola tarde. O luns 13 na Praza de España e na Alameda, respectivamente. E o martes 14, na Praza da Liberdade de Carril pola mañá e no Parque de Dona Concha, en Vilaxoán, pola tarde. A campaña informativa prologarase durante todo o mes de maio para chegar a todos os barrios e zonas urbanas do municipio.

O contedor marrón está pensado para facilitar a reciclaxe da fracción orgánica do lixo das zonas urbanas densamente poboadas, onde a xente vive en bloques de vivendas. A través dun sistema de recollida similar ao dos demais residuos, os restos orgánicos dos contedores marróns recolleranse e se trasladarán á planta de compostaxe de Baión para convertelos en compost. O servizo complétase cos plans de compostaxe invididual, que funciona xa dende hai máis dunha década en vivendas unifamiliares do rural, e a comunitaria, máis recente pero que tamén se realiza en zonas da periferia que reúnen as condicións, como O Piñeiriño e outras de recente implantación como Matosinhos, O Castriño ou Trabanca Badiña, onde se porá en marcha.

Coa recollida separativa da fracción orgánica do lixo redúcese o custe ambiental e económico que supoñía desfacerse deste tipo de residuos mediante a incineración e, a cambio, a través dun proceso totalmente natural, obtense o fertilizante natural co que aboar plantas ou cultivos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -