_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Chaves presenta na Rivas Briones “Terra”, unha mostra retrospectiva e monográfica inspirada na natureza

“Terra. Un itinerario pictórico pola natureza” é o título da exposición de Xaquín Chaves que se pode visitar desde hoxe na sala Antón Rivas Briones. Trátase dunha mostra pictórica monográfica e de carácter retrospectivo, inspirada na natureza e coa que o autor volve a amosarse ao público de Vilagarcía. Con ela, “un dos artistas máis representativos e relevantes de Vilagarcía”, en palabras do alcalde, Alberto Varela “regresa a súa casa, a esta sala municipal que ten como obxectivo amosar e promocionar a obra do gran talento artístico que temos na nosa cidade e do que Chaves é un dos seus máximos expoñentes”.
10.05.2024.- Todas as obras reunidas en “Terra” son inéditas e, precisamente por iso, o autor sentía “a necesidade de expoñelas e dalas a coñecer ao público”. Por iso agradeceu ao Concello de Vilagarcía a oportunidade de volver a contar coa sala Rivas Briones para facelo e de completar esta acción cultural coa publicación dun coidado catálogo.

Chaves explicou que a mostra se divide en tres apartados. O primeiro compóñeno tres grandes obras que o autor creou durante a Covid e que son froito dos paseos pola natureza que se permitían dar durante o confinamento parcial. Trátase de pinturas realizadas con técnicas caligráficas combinando carbón e tinta sobre papel.

Un segundo bloque esta formado por outras tres obras de tema naturista, mariñas, entre as que destacan unha gran crista de ondas e un penedo sobre o mar. E o terceiro apartado, o situado no andar superior da sala, acolle pinturas de pequeno formato que poden entenderse como o caderno de bitácora no que o autor plasma as ideas que lle van xurdindo a diario.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -