_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
As festas de Santa Rita despegan co concerto de Siloé e a e "Unha Noite de Cine" da Banda de Música

Vilagarcía inaugura mañá os cinco días de celebracións dedicados á Santa Rita. A xornada festiva do sábado arranca coa apertura da xa tradicional Feira Celta na Xunqueira, co espectáculo da Banda de Música de Vilagarcía no Auditorio e co concerto do grupo Siloé. O ambiente romeiro en torno a Vista Alegre e os pasarrúas polas rúas do centro urbano dos grupos locais Froallo e As Cantadeiras Bulideiras completan a axenda do primeiro día das festas na honra da avogada dos imposibles. Ademais, os amantes do deporte teñen unha cita en Fexdega co Campionato de España de Tenis de Mesa de Veteranos.
17.05.2024.- A actividade na Feira Celta comezará ás 11 da mañá e continuará ata as 23.30 horas co único descanso do almorzo (entre as 15 e as 18 horas). Ao longo de toda a xornada, ademais de visitar os postos de venta de artesanía e produtos alimenticios, os visitantes poderán gozar das actividades de dinamización, a música do grupo Didyma Folk e os xogos tradicionais destinados ao público máis novo. Ademais, a partir das 21.30 horas, o druída oficiará o rito das vodas celtas a tódalas parellas que se teñan anotado para o evento, trámite que poden facer chamando ao teléfono 639775469.

A Banda de Música de Vilagarcía non podía faltar á cita de Santa Rita, e para a ocasión ofrecerá "Unha Noite de Cine", un espectáculo evocador inspirado nas películas que se exhibían nos cines Cervantes, Fantasio, Arosa e, máis recentemente, nos Minicines V. Nese contexto, a formación interpretará temas de films clásicos como Lo que el Viento se Llevó, Apolo XIII ou Ben Hur, todos eles ilustrados audiovisualmente con fragmentos das películas. O concerto comeza ás 20.00 horas e a entrada é libre e de balde.

E a axenda do primeiro día de festas péchase ás 23.00 horas co concerto gratuíto no Parque Xunqueira de Siloé, o grupo de música indy de maior proxección no actual panorama musical nacional. A banda presentará en Vilagarcía o seu último disco "Santa Trinidad”, un álbum que inclúe temas como “Todos los besos”, “Sangre en las venas” ou “Esa estrella”.
Siloé é un trío liderado polo vocalista e cantautor Fito Robles, e que completan o guitarrista e produtor Xavi Road e o batería Jaco Betanzos.
Dende a súa creación, o grupo foi evolucionando e mesturando a canción de autor folk e o pop/rock coa electrónica máis bailable. Temas como “La verdad” acumulan ata doce millóns de escoitas só na plataforma Spotify, destacando tamén títulos como “La luz”, "Metrópoli” ou “Paradiso”. Nalgúns dos seus traballos contaron coa colaboración de artistas da talla de Miss Caffeina, Belén Aguilera, Varry Brava, Dani Fernández e Delaporte, entre outros.

AXENDA COMPLETA DO SÁBADO 18 DE MAIO

10:00-20:00 [FEXDEGA]
Copa de España de veteranos de tenis de mesa

DE 11:00 A 15:00 [PARQUE DA XUNQUEIRA]
Feira Celta
11:00 Apertura do mercado Celta, cos postos de artesanía, alimentación, obradoiros…
12:00 a 15:00 Apertura da zona de xogos infantís tradicionais
12:30 Pasarrúas musical
13:30 e 14:30 Música celta polas rúas do mercado – Didyma Folk
15:00 Peche do mercado

13:30 [RÚAS DA CIDADE]
Pasacalles: Agrupación Floclórica Froallo

DE 18:00 A 23:30 [PARQUE DA XUNQUEIRA]
Feira Celta
18:00 Apertura do mercado Celta
18:00 a 22:00 Apertura da zona de xogos infantís tradicionais
18:30 Música celta polas rúas do mercado – Didyma Folk
18:45 e 19:45 O druida pasea polo mercado
20:00 Pasarrúas musical polo mercado
20:45 O druida pasea polo mercado
21:00 Música celta polas rúas do mercado – Didyma Folk
21:30 Rito de Vodas Celtas. O Druída acompañado de música en vivo realizará o rito das vodas a tódalas parellas anotadas para o evento. (Previa inscripción: 639775469)
22:30 Música celta polas rúas do mercado – Didyma Folk
23:30 Peche do mercado

20:00 [RÚAS DA CIDADE]
Pasacalles: Asociación Cultural Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa

20:00 [SALA PRINCIPAL DO AUDITORIO MUNICIPAL]
Actuación da Banda de Música de Vilagarcía de Arousa
“Unha Noite de Cine”
Entrada de balde

23:0 [PARQUE DA XUNQUEIRA]
Concerto “Siloé”
Entrada libre e de balde
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -