_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
O concerto de Fla-meco no Piñeiriño e a verbena da París de Noia completan a axenda festiva dominical

O domingo 19 de maio chega cunha variada axenda de actividades lúdicas e culturais para o goce de públicos de todos os gustos e de todas as idades. A maiores da Feira Celta que continúa na Xunqueira coa súa axenda de animación, a programación de Santa Rita incorpora o Festivaliño On The Road para o público infantil e a primeira das verbenas: a que ofrecerá a orquestra París de Noia na avenida da Mariña. E no marco do ciclo “Ágora Vermú”, o grupo Fla-Meco ofrecerá un concerto matutino no Piñeiriño. Ademais, o tenis de mesa de veteranos despídese cunha última xornada en Fexdega.
AXENDA PARA O DOMINGO 19 DE MAIO
10:00-14:00 [FEXDEGA] Copa de España de veteranos de tenis de mesa

DE 11:00 A 15:00 [PARQUE DA XUNQUEIRA] Feira Celta
11:00 Apertura do mercado Celta, cos postos de artesanía, alimentación, obradoiros…
12:00 a 15:00 Apertura da zona de xogos infantís tradicionais
13:30 e 14:30 Música celta polas rúas do mercado – Didyma Folk
15:00 Peche do mercado

12:30 [RÚAS DA CIDADE] Pasacalles
Asociación de Música Tradicional A Queimada

13:00 [O PIÑEIRIÑO] Ciclo Ágora Vermú
Fla-meco
Posiblemente a mellor banda de rumbas de Galicia e con máis de dez anos ás súas costas, Fla-meco pode presumir de ter un directo cuxo valor engadido é o baile e a diversión, en especial coas súas versións dos temas mais bailables e recoñecidos polo público. Alen diso, Fla-meco conta cun integrante de Vilagarcía: Pepe Santamaría Medin, ex integrante de Heredeiros da Crus que, aínda que natural de Noia, leva dez anos vivindo na capital arousá.

17:00-21:00 [RÚA BALDOSA/ VALENTÍN VIQUEIRA] Festivaliño on the road 2024
Curtametraxes infantís

DE 18:00 A 23:30 [PARQUE DA XUNQUEIRA] Feira Celta
18:00 Apertura do mercado
18.00 a 22:00 Apertura da zona de xogos infantís tradicionais
18:30, 20:30 e 22:00 Música celta polas rúas do mercado – Didyma Folk
23:30 Peche do mercado

20:00 [RÚAS DA CIDADE] Pasacalles:
Asociación Cultural Folklórica Unión Piñeira de Guillán

21:30 [AVDA. DA MARIÑA] Verbena popular
Orquestra París de Noia


AXENDA LUNS 20 DE MAIO

DE 11:00 A 15:00 [PARQUE DA XUNQUEIRA] Feira Celta
11:00 Apertura do mercado Celta, cos postos de artesanía, alimentación, obradoiros…
12:00-15:00 Apertura da zona de xogos infantís tradicionais
13:00 e 14:30 Pasarrúas musical polo mercado
15:00 Peche do mercado

DE 18:00 A 23:30 [PARQUE DA XUNQUEIRA] Feira Celta
18:00 – 22:00 Apertura do mercado e da zona de xogos infantís tradicionais.
18:30/ 20:00 /22:00 Pasarrúas musical polo mercado.
23:00 Peche do mercado

20:30 [RÚAS DA CIDADE] Pasacalles
Asociación Cultural Gaitas Mar de Arousa

19:00 [RÚAS DA CIDADE]
Charanga Xuntanza


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -