_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
A Escola de Música estrea as reformadas instalacións coa representación do Gato con Botas na nova sala de concertos

A Escola Municipal de Música Bernardo del Río afronta o inminente inicio do curso escolar 2012/13 con moitas novidades e ilusión, despois de rematadas as obras de acondicionamento levadas a cabo durante o verán. Para celebrar a chegada das esperadas reformas e o inicio do curso, a dirección da escola organiza unha actuación na nova sala de concertos creada no edificio do Ramal. Será o xoves 27, a partir das 19:00 horas e, debido a que o aforo da sala limítase a 80 persoas, a actuación será exclusiva para os alumnos de Música e Movemento. O centro abrirase media hora antes para que os educandos e familiares que o desexen poidan visitar as novas dependencias.
A modo de presentación do novo curso, a Escola Municipal de Música porá en escena o conto musicado “O Gato con Botas”. A obra composta e montada polo propio equipo docente do centro Bernardo del Río contará tamén cunha intervención especial, a do policía Benito Romero, que recuperado do accidente sufrido en maio, porá a voz en off ao espectáculo. Deste xeito tan animado, os alumnos máis pequenos do centro, os da especialidade de Música e Movemento e os seus familiares poderán coñecer aos profesores e as novidades previstas para o curso que comezará o vindeiro luns, 1 de outubro.

A presentación para o resto do alumnado do centro terá lugar ao día seguinte, o venres 27, a partir das 19:00 horas e tamén na nova sala de concertos da Escola. Ao igual que na xornada anterior, a dirección aproveitará o acto para explicar as novidades do novo curso, presentar aos docentes e agasallar aos presentes cunha actuación musical.

As clases comezarán a impartirse o luns, 1 de outubro, co horario habitual. Este ano a Escola Municipal de Música conta con 380 alumnos matriculados.

Colaboración institucional e un investimento de 218.493 euros.

As obras de rehabilitación do edificio da Escola de Música foron acometidas a través do convenio de colaboración asinado entre a Deputación Provincial e o Concello. O organismo provincial financiou os 218.493 euros no que se adxudicou a obra coa que se resolveron problemas de filtracións de auga e frío. Entre outras melloras procedeuse á substitución da cuberta, dos teitos e da carpintería exterior, remodeláronse os aseos e cambiouse a distribución das dependencias a efectos de adaptalas ás necesidades do centro de ensino musical e incrementar o seu confort.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -