_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
Os alumnos de Música e Movemento do centro Bernardo del Río renden homenaxe a Miliki no festival fin de curso

A Escola Municipal de Música Bernardo del Río inicia esta semana as súas actividades de despedida do curso. Serán os alumnos máis pequenos do centro os que abran o programa co Festival de Música e Movemento que se celebra este xoves, a partir das 19:30 horas no Auditorio e co que este ano renderán homenaxe Miliki, un dos pallasos da tele con cuxos temas musicais medraron moitas xeracións. A entrada é libre e de balde.
04. 06. 2013.- Os 154 alumnos do ciclo de Música e Movemento, os que teñen entre 4 e 7 anos de idade, participarán no festival que se comporá integramente de temas musicais compostos e cantados por Miliki e os pallasos da tele, grandes éxitos que aínda hoxe en día continúan sendo cancións infantís de referencia e coñecidas por avós, pais, fillos e netos.

Os protagonistas da primeira parte do festival serán os alumnos de 4 e 5 anos, que bailarán e cantarán algúns dos temas menos populares. Na segunda parte, actuarán os nenos e nenas de entre 6 e 7 anos, que interpretarán temas máis representativos dos famosos “Payasos de la
tele” utilizando xilófonos. Como ven sendo habitual, durante o pequeno descanso, os mestres da Escola de Música entreterán ao público cunha sorpresa.

O festival de fin decurso será o terceiro levado a cabo ao longo do presente curso polos alumnos de Música e Movemento. O primeiro foi en Nadal, o “Concerto de Frautas Doces”, e o segundo no Entroido co “Festival de Danzas do Mundo”.

A Escola Municipal de Música ten previsto realizar máis actividades para celebrar o fin de curso. Seguinte será o martes 11 de xuño, ás 19:30 e consistirá nun “Concerto de Solistas”,que terá lugar na remodelada Sala de Concertos do propio centro. O xoves 13 de xuño, ás 19:30h desenvolverase o “Concerto de Agrupacións” no Auditorio Municipal, no transcurso do cal realizarase a entrega dos premios do “I Concurso de Vídeos Musicais”. A entrada é libre e de balde en todos os concertos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -