EDUCACIÓN
Os centros municipais de ensino musical e Atril celebran Santa Cecilia cun concerto conxunto no Auditorio Con motivo da celebración de Santa Cecilia, patroa dos músicos, a Escola Municipal de Música e o Conservatorio Profesional, xunto coa asociación Atril, organizan un concerto conxunto aberto ao público no que participarán alumnos de ámbolos dous centros e o coro de Atril. Será o venres 22 a partir das 20 horas no Auditorio. A entrada é libre e de balde.
20. 11. 2013.- O programa inclúe interpretacións musicais de solistas, dúos, tríos e outras agrupacións que abordarán un repertorio que abarca distintos estilos musicais, dende o barroco ata o século XX. Son moitas as especialidades instrumentais que se verán representadas no concerto: guitarra, piano, clarinete, frauta, violín, violonchelo, saxofón, trombón, bombardino, percusión…, algunhas delas como solitass, outras con acompañamento pianístico de profesorado dos dous centros, e outra como música de cámara, no caso do Allegro do London Trío de J. Haydn.
Dirixido por Enrique Alberto Martínez Rivero, o Coro da Asociación Atril, interpretará varias obras na compaña de dous alumnos do Conservatorio, Penélope Cervelo en primeiro lugar ao piano, e Isidoro Baúlo posteriormente coa percusión. O repertorio das obras que interpreta o coro distínguese por ser música actual, que abarca diferentes culturas, de moi diferente procedencia e divertida de escoltar e interpretar. Neste grupo coral participan non so pais e nais, senón tamén familiares e alumnos da Escola Municipal de Música e do Conservatorio Profesional de Música.
Programa
Españoleta…………………………………………………………………………………. G. Sanz Daniel López Santórum, Guitarra
Lento espressivo & Allegro vigoroso Sonatina para Clarinete & Piano .........................................P. Harris José Valle González, Clarinete Rosina Sobrido, Pianista acompañante
Allegro, London trío nº 1.............................................................J. Haydn Alba Piñeiro Lago & Carolina de las Fuentes Oliveira, Frautas Andrea Petisco Fernández, Violonchelo
Der kalif storch ………………………………………………………………...…… N. J. Zivkovic Sophie Núñez Castro, Marimba
Siciliana & Allegro Moderato da Sonata BWV 1031.................. J. S. Bach Laura Redondo Dasilva, Frauta Javier Vila, Pianista acompañante
Preludio et Allegro .......................................................Pugnani/Kreisler Magdalena Rodríguez Carrera, Violín Javier Vila, Pianista acompañante
Trombonaria ………………………………………………………………........... J. Brouquieres Paula Rial Mondragón, Trombón María Galbán, Pianista acompañante
Carnaval de Venecia......................................................................J. B. Arban Adrián Martínez Vieites, Bombardino Vladimira Smausova, Piano
CORO DA ASOCIACIÓN ATRIL
Scoo be doo song ………………………………..……………………...……………… S. Davies Lusse lella …………………………………………………..……………………………. D. Azurza Penélope Cervelo Bouzo, pianista acompañante O-re-mi ………………………………………………..…Melodia popular de Lesotho, Suráfrica Isidoro Baúlo Piñeiro, percusión A laranxa ……………………………………...………………………………………… R. Bermejo Txukun txukun dos Trabakantua ………………………...……………………………D. Azurza Dirixe: Enrique Alberto Martínez Rivero