TRÁFICO
O Paseo Nocturno en bicicleta abre o programa da Semana da Mobilidade Vilagarcía abre mañá os actos conmemorativos da Semana Europea da Mobilidade co obxectivo de seguir concienciando á poboación sobre o uso de medios de transporte alternativo aos coches para desconxestionar as cidades, facelas máis agradables e seguras para os peóns e contribuír a reducir a contaminación atmosférica e acústica. A actividade coa que se estrea o programa desta edición é o paseo Nocturno en Bicicleta que sairá ás 21:00 horas da zona da Alameda.
18.09.2015.- Baixo o lema ““Elixe. Cambia. Combina. A túa mobilidade”, a programación pretende este ano incidir na necesidade de escoller aquel ou aqueles medios que mellor nos conveñan para os nosos desprazamentos, pero sen perder de vista o medio ambiente e a propia saúde. A bicicleta é un destes medios alternativos que, ademais de non contaminar, permítenos realizar unha actividade física lixeira que resulta moi beneficiosa para a saúde. Por iso, o Concello, en colaboración coa asociación Arousa en Bici, organiza mañá sábado o Paseo Nocturno en Bicicleta, unha marcha cicloturista aberta a todas as idades e que sairá ás 21:00 horas da Alameda. O pelotón partirá acompañado efectivos da Policía Local cara Vilaxoán pola costa para regresar polo mesmo camiño e continuar ata Carril, con volta á Alameda. En todos aqueles tramos nos que se poida se utilizará o carril-bici.
Os peóns serán os protagonistas da xornada dominical xa que dende as doce do mediodía e ata doce na noite pecharase ao tráfico as rúas máis céntricas da cidade, arredor das prazas de Galicia e de España e adxacentes. Con esta medida o Concello quere poñer de manifesto a súa aposta por unha cidade máis humana. O peche coincidirá co paso la Vota Ciclista a Galicia por Vilagarcía, previsto entre as 11:30 e as 12:00 horas.
Os seguinte acto celebrarase o martes, 22 de setembro, xornada declarada mundialmente “Día sen Coches”. Aínda que en Vilagarcía o Día sen Coches será o domingo, o martes, aproveitando que se celebra o mercado na vila, a organización programou a carreira de medios, na que un coche particular, un taxi, unha moto, unha bici e un peón camiñando “competirán” para comprobar cal é o xeito máis rápido e eficaz de desprazarse pola cidade.