AVISOS
O desfile de Entroido aprázase ao Domingo de Piñata ante a previsión de choiva e fortes ventos A celebración do desfile concurso de disfraces de Vilagarcía trasládase ao vindeiro domingo, 14 de febreiro, debido a alta probabilidade de choiva existente para a tarde de mañá, Martes de Entroido. O programa do multitudinario evento manterase por completo, coa única variación da data.
08.02.2016.- A previsión meteorolóxica para a tarde de mañá, martes de Entroido, apunta un 80% de probabilidades de choiva te e fortes ventos. Ante este panorama, e para non estragar o desfile de carrozas e disfraces que tradicionalmente se celebra o martes de Entroido, a Concellería de Cultura decidiu suspender o acto de mañá e trasladado ao domingo de Piñata.
Dado que o sábado, a axenda de Entroido da localidade prevé xa a celebración das actividades do Sábado Inglés, xa dende a tarde, e a que tamén esa tarde se festexan os enterros da Sardiña en Vilaxoán e o Arenque en Bamio, o departamento que dirixe Sonia Outón decidiu aproveitar a tarde do Domingo de Piñata, para realizar o desfile. Como estaba previsto, sairá ás cinco da tarde dende a Rúa Alexandre Bóveda (zona da Praza de Abastos).
AMPLÍASE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Como consecuencia do aprazamento, a Concellería de Cultura amplía o prazo de inscrición no desfile ata o xoves11 de febreiro, ás 14:00 horas. O trámite debe facerse nas dependencias da Concellería, sitas no Auditorio.