FESTAS
O desfile de disfraces celebrarase finalmente o domingo 21 O desfile concurso de disfraces e carrozas de Vilagarcía celebrarase definitivamente o vindeiro domingo, 21 de febreiro. A Concellería de Cultura anunciou esta mañá a noca data despois de que na semana de Entroido propiamente dita houbera que suspender ata en dúas ocasións o principal evento destas festas debido as adversas condicións meteorolóxicas.
15.02.2016.- O único cambio que conleva este aprazamento é a modificación da data, xa que se manteñen os horarios e percorrido. O desfile partirá ás 17:00 horas da Rúa Alexandre Bóveda, onde os participantes deberán reunirse co tempo suficiente para organizar a saída, tal como se especifica nas bases.
A concelleira de Cultura, Sonia Outón, confía en que Vilagarcía enteira se sume como cada ano á celebración do Entroido saíndo as rúas para admirar un dos espectáculos máis coloristas e alegres do ano do que gozan milleiros de persoas tanto da cidade como doutros moitos municipios que nos visitan ese día para deleitarse coa calidade e orixinalidade dos disfraces que soen concursar en Vilagarcía cada ano.