_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
A IX Maratón Fotográfica pola Igualdade de Xénero celébrase o 4 de marzo

Con motivo da conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller, a Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía convoca unha nova edición da Maratón Fotográfica pola Igualdade de Xénero en Relación ao Mundo do Traballo. A de 2017 será a novena edición do certame que se desenvolverá durante a xornada do sábado, 4 de marzo, co obxecto continuar a labor de concienciación e sensibilización no eido da igualdade, neste caso, a través das imaxes que obteñan os participantes no concurso fotográfico. O prazo de inscrición xa está aberto e os interesados poden anotarse ata o día 28 de febreiro.
04.02.2017.- A maratón é unha máis das actividades que organiza o departamento que dirixe Tania García en torno ao 8M coa finalidade de promover a reflexión sobre as desigualdades de xénero no eido laboral e, polo tanto, favorecer un cambio de actitude da sociedade.

As inscricións deben realizarse cubrindo a folla específica que se pode obter nas dependencias da concellería ou imprimir do taboleiro de anuncios da web municipal. O formulario pode presentarse presencialmente no CIM, mandar por correo electrónico ao enderezo muller@vilagarcia.es ou remitir por fax ao número 986 512 226.

Trátase dun certame para afeccionados, polo que non poderán participar profesionais da fotografía. A maratón comezará ás 10:30 horas no Auditorio e os concursantes deberán tomar imaxes que reflexen os as tres temáticas que a organización des desvelará durante a proba e pasar polos controis establecidos. O xeito de participar será con cámaras dixitais, as fotos entregaranse en arquivo JPEG e tamaño mínimo de 20x30 cm. Ao remate da xornada, os concursantes deberán presentarse para descargar as fotos realizadas. Os mellores traballos de cada una das tres categorías recibirán un premio en metálico de 200 euros.

O nome dos gañadores e a entrega dos premios terá lugar nun acto público a celebrar o 7 de marzo coincidindo coa inauguración da exposición coas fotografías gañadoras e as seleccionadas polo xurado entre todos os traballos presentados.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -