_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
EMPREGO
Os 15 alumnos do Labor@Xove enfilan a última semana de formación realizando prácticas para o Concello

Os 15 alumnos do Obradoiro de Emprego Labor@Xove están a piques de rematar o período de formación que lles ofreceu a iniciativa posta en marcha polo Concello o pasado mes de setembro a través do programa de Emprego Xuvenil que financia a Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo. Os mozos e mozas que participan no obradoiro dedican a última semana da experiencia a rematar as prácticas desenvolvidas como dinamizadores de tempo libre e auxiliares na organización de actividades deportivas, prácticas realizadas a través do Concello e que lles permitirán contar con experiencia coa que engrosar o seu currículo e ampliar as súas posibilidades de empregabilidade á hora de acceder ao mercado laboral.
21.02.2017.- O Labo@Xoven arrancou o 1 de setembro de 2016 e rematará o 28 de febreiro de 2017. Foron 6 meses de programa no que os 15 mozos e mozas participantes recibiron formación teórica e práctica nas dúas especialidades solicitadas no proxecto deseñado pola Concellería de Promoción Económica e Emprego do Concello no marco das súas políticas de fomento e creación emprego.
Na especialidade “Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil” participaron 7 alumnos/as-traballadores/as que realizaron os seguintes servizos baixo a dirección e coordinación dun profesor docente:

1. Deseño, organización e funcionamento do programa “Peque Nadal 16”, consistente en ludotecas para nenos e nenas de 6 a 10 anos, nos centros sociais e culturais de As Pistas, Sobradelo e A Torre. As actividades desenvolvidas polo alumnado traballador cos nenos/as foron: manualidades, talleres de maquillaxe, photocall, xogos populares, patinaxe, xogos de mesa… O número de participantes oscilou entre 12 e 32, nos seis días de execución.

2. Organización e xestión do programa “Almorzos Saudables”. Este servizo tivo lugar nos colexios de Primaria de Vilaxoán, O Piñeiriño, Arealonga, Carril e Rubiáns, a razón de dúas xornadas en cada un deles. Ademais de servir o almorzo aos nenos/as de 1º e 2º de primaria, impartíuselle unha clase didáctica audiovisual, explicándolles a importancia de inxerir unha alimentación san, natural e nutritiva, rematando a actividade cun conto relatado e amosado mediante un Kamishibai (teatrillo).

3. Colaboración na preparación do Samaín, realizando as tarefas de talado das cabazas, que posteriormente foron utilizadas nas actividades programadas cos nenos/as.

A outra especialidade do Obradoiro, a denominada “Operacións auxiliares na organización de actividades e funcionamento de instalacións deportivas”, contou coa participación de 8 alumnos/as-traballadores/as e 1 docente. Os alumnos realizaron servizos para o Concello nos edificios polideportivos do municipio tales como o Complexo polideportivo de Fontecarmoa, o Pavillón Castelao, Fexdega, a Piscina municipal e o campo de fútbol da Lomba. As tarefas desenvoltas foron:

1. Apertura das instalacións, asistencia a usuarios e técnicos deportivos, xestionar e coordinar as solicitudes de reserva das pistas de tenis, campo de rugby, fútbol, etc. así como axuda na montaxe de eventos, revisión de bancadas, cabinas de prensa, pista de baloncesto, vestiarios…

2. Fixeron labores de revisión da seguridade nos edificios mencionados, para previr accidentes tanto aos usuarios como aos técnicos.

3. Revisión dos sistemas de alarma, son, calefacción, rego e iluminación de todas as instalación detalladas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Mar 2017  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -