_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Igualdade homenaxea a mulleres relevantes da historia local na programación do 8M

A programación elaborada pola Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía para conmemorar o 8M. Día Internacional da Muller Traballadora, céntrase este ano en poñer en relevo e homenaxear a varias mulleres que xogaron ou xogan papeis destacados na historia local ou de Galicia. Farase a través de sendas exposicións que, xunto coa lectura do manifesto, a Maratón Fotográfica pola Igualdade e a proxección dunha película, completan o programa presentado pola concelleira, Tania García, representantes do Consello Local da Muller e a responsable do CIM.
28.02.2017.- A programación do 8M desenvolverase ao longo da primeira semana de marzo. O acto inaugural terá lugar o 1 de marzo no sala de exposicións do Auditorio, onde se exhibirá a exposición “Muller tiñas que ser” na que se destacan os logros de varias mulleres de Vilagarcía. A mostra elaborouse a través dos traballos de investigación realizado por escolares de varios centros educativos do municipio, posteriormente seleccionados polo Consello Local e o CIM. Os colexios participantes foron A Lomba, Rubiáns, Piñeiriño, Vilaxoán, Carril e A Escardia. Marivi Villaverde, Maripaz Vilas, Dores Urcola, Xaquina Trillo ou Carme García son algunhas das mulleres cuxas vidas forman parte desta exposición.

A programación continúa o sábado 4 de marzo coa celebración da Maratón Fotográfica pola Igualdade, aínda que o día grande será o mércores 8M. xornada na que se concentran varios actos. A mediodía, terá lugar a clásica concentración fronte ao Concello para dar lectura ao Manifesto elaborado polo Consello Local da Muller.

Ese mesmo día pero pola tarde, tamén na sala de Exposicións do Auditorio, inaugurarase a mostra “Mulleres Galegas na Historia” cedida pola Deputación Provincial de Pontevedra.Os actos do día rematarán no Salón García, cunha velada de cine na que se proxectará a película colaborativa de temática de xénero “Visións”, tamén cedida pola deputación. O acto complementarase co coloquio final no que intervirá a directora do audiovisual, Andrea Zapata Girau.

E xa como colofón e a modo máis festivo, o Consello Local da Muller organiza o sábado 11 de marzo a Cea da Muller. As persoas interesadas en asistir deben dirixirse ás dependencias municipais de Igualdade para facer a reserva.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -