_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
SERVIZOS SOCIAIS
Concello e Cáritas reúnen 41 toneladas de roupa usada para destinar ao programa de reinserción socio laboral

Os primeiros 9 meses de funcionamento do convenio para a recollida de roupa usada subscrito entre Cáritas e o Concello de Vilagarcía e marzo de 2016 saldouse cos excelentes resultados, xa que nese período a entidade logrou reunir 41.335,5 quilos de prendas. A boa acollida que a iniciativa tivo entre os vilagarciáns que doaron prendas que xa non usan ten un dobre beneficio xa que por un lado se colabora co proxecto de reinserción social e laboral para persoas en situación de emerxencia que desenvolve Cáritas e se axuda ás persoas máis necesitadas e, por outro, ao evitar que esa roupa acabe na bolsa do lixo, redúcese o volume de residuos sólidos urbanos que se xestionan dende Sogama, co conseguinte aforro económico que iso supón para as arcas municipais.
Segundo o convenio co Concello, Cáritas dispón en Vilagarcía de 7 contedores específicos para a recollida de roupa usada. O Concello, ademais de autorizar a instalación dos depósitos en lugares públicos concretos, tamén axudou a súa instalación.
07.03.2017.- O punto onde máis roupa depositaron os vilagarciáns foi o do adro da igrexa de Santa Baia de Arealonga, no centro da cidade, onde Cáritas recolleu 13.758 quilos de prendas usadas. No contedor do parque de Matosinhos botáronse 6.538 quilos e no do barrio do Piñeiriño outros 5.743,50 quilos. Os veciños de Carril doaron a través do contedor da Rúa Extramuros 5.061,50 quilos e os de Vilaxoán 4.084,50 que depositaron no do adro da Igrexa de Sobrán. Por último, do contedor da igrexa de Sobradelo obtivéronse o ano pasado 3.941 quilos de roupa usada e no da igrexa de Rubiáns 2.211.

O Concello de Vilagarcía e Cáritas Diocesana firmaron en marzo de 2016 o convenio a través do cal a administración local colabora no proxecto de reinserción social e laboral que a entidade puxo en marcha co obxectivo de dar traballo a persoas en situación de exclusión. A administración local colabora con Cáritas cedendo o uso de espazo público para a instalación de seis contedores para a doazón de roupa usada en distintos puntos do municipio, xa que a iniciativa laboral consiste en recoller, acondicionar e vender roupa de segunda man ou telas en tendas propias.

Esta iniciativa promovida por Cáritas vertébrase a través da Sociedade Limitada “Arroupa Santiago” fundada pola entidade en decembro de 2015 e que no momento da firma do convenio con Vilagarcía xa daba emprego a 9 persoas: 1 asistente, 1 educador social e 7 homes e mulleres reinsertados. Estas sete persoas seleccionáronse a través das distintas seccións de Cáritas da Diócese. Precisamente, o condutor do vehículo que fai a recollida da roupa dos contedores é un usuario de Vilagarcía.

A empresa funciona mediante a recollida da roupa usada que se revisa, selecciona e separa para diferentes fins. A máis nova revísase e porase á venta en tendas propias que se irán creando a medida que aumente a produción. Cada tenda de roupa de segunda man suporá a creación doutros 3 postos de traballo que se adxudicarán polo mesmo sistema de selección entre usuarios en situación de emerxencia e exclusión social.

A roupa máis pasada de moda que non ten saída comercial aquí, destinarase á países en vías de desenvolvemento, onde si a ten. E a que se atopa e peor estado reciclarase e reutilizarase para a confección de telas e tecidos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2017  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -