_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O remate da accesibilidade permite iniciar o programa divulgativo do Castro de Alobre e o xardín botánico

Acceder ao Castro de Alobre e ao Parque do Castriño resulta moito máis doado e seguro dende esta semana ao terse rematado a segunda fase das obras de mellora da accesibilidade levadas a cabo polo Concello de Vilagarcía. O acabado destas actuacións, nas que o Concello investiu 74.200 euros, permite iniciar o programa divulgativo sobre o xacemento arqueolóxico e o xardín botánico no que participarán escolares de todos os colexios do municipio. As visitas guiadas comezarán o 21 de marzo.
10.03.2017.- O alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Urbanismo, Paola María, acudiron hoxe ao Castro de Alobre para comprobar o resultado da segunda fase das obras de mellora de accesibilidade. As actuacións consistiron en completar a entrada dende Vista Alegre, instalar escaleiras para comunicar os distintos niveis entre a zona arqueolóxica e o xardín botánico, substituír unha rampla e as varandas da terraza que da ao mar e habilitar unha zona abalconada con varanda sobre o estanque. O Concello investiu nestes traballos 74.200 euros.

O rexedor local lembrou que hai exactamente un ano que se inauguraba a primeira fase do proxecto e accesibilidade, coa entrada ao astro dende Vista Alegre cunha imaxe completamente renovada e unha posta en valor do entorno que servía de preludio ao proxecto integral que o goberno local está apoñer en marcha para revitalizar un dos maiores recursos patrimoniais, históricos e naturais dos que dispón Vilagarcía.

Neste último ano e medio, ademais das obras de accesibilidade levouse acabo unha campaña arqueolóxica por parte da Deputación na que se ampliou a zona de escavación do castro, sacando á luz novas edificacións que na actualidade están sendo consolidadas para a posterior actuación de musealización comprometida polo Ministerio de Fomento en colaboración coa Deputación e o Concello. Pola súa banda, a administración local realizou outras actuacións de posta en valor do parque coas obras de reparación e acondicionamento do estanque, rematadas hai xa varias semanas, e que permiten gozar desta fermosa zona verde en todo o seu esplendor.

Tras isto, o rexedor explicou que é o momento de comezar co programa divulgativo do Castro de Alobre, comezando coas visitas guiadas de escolares que se porán en marcha o 21 de marzo. Trátase dun programa transversal no que colaboran varias concellerías (Urbanismo, Medio Ambiente, Educación) e a Deputación.

Visitas guiadas a 600 escolares

O Concello invitou a todos os centros educativos de municipio e está previsto que participen uns 600 escolares de Primaria e de Educación Especial. Os nenos e as nenas farán unha visita guiada ao castro, onde recibirán as explicacións do arqueólogo da deputación que dirixe as escavacións, para coñecer a estrutura dos castros, e o xeito de vida das persoas que habitaron Alobre, berce de Vilagarcía. Tamén aproveitarán a estancia no Castriño para coñecer a súa riqueza natural para o cal un técnico do Concello amosaralles as distintas especies arbóreas que existen no parque botánico e as súas orixes.
Ademais, o Concello editou unha edición especial da colección de Os Bolechas sobre o Castro de Alobre que se repartirá entre os escolares que acudan as visitas. O libro ilustrado por Pepe Carreiro, relata a visita da familia Bolechas ao castro de Alobre de Vilagarcía e a súa contorna, explicando en linguaxe adaptado aos cativos, que é un castro e como vivían os nosos ancestros nestes poboados.

O Concello distribuirá 1.800 exemplares desta edición especial dos Bolechas, que xa é a segunda publicada sobre Vilagarcía. A primeira, de hai 8 anos, versaba sobre a festa da Auga.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2017  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -