_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
ColEborando regresa para orientar a pais e educadores sobre como explicar a temática do sexo aos menores

A Concellería de Educación pon en marcha este mércores a segunda edición do programa “ColEborando”, un ciclo de charlas impartidas por expertos en diferentes materias destinado a pais e educadores co obxectivo de orientalos sobre temas de actualidade e de especial interese á hora de educar aos seus fillos ou alumnos. A primeira sesión deste ano abordará a tesitura de cómo explicar a temática do sexo aos menores e correrá da man da pedagoga e máster en sexoloxía, Concepción Barbero. Trátase dunha actividade gratuíta e aberta a todo o público que terá lugar na sala de conferencias do Auditorio ás 20 horas.
20.03.2017.- O departamento que dirixe Argimiro Serén puxo en marcha o programa ColEborando o ano pasado cun ciclo de charlas nas que se abordaron temas como o acoso escolar ou o uso das redes sociais por parte dos menores. Con estas sesións, a Concellería trata de dar ofrecer unha información ampla e fiable a pais e educadores sobre temas relativos á educacións dos menores e dos xóvenes dende un punto de vista que vai máis aló do estritamente académico. As charlas sempre son impartidas por profesionais en cada materia co obxecto de poder aclarar as dúbidas dos educadores e as familias.

A sesión inaugural deste ano versará sobre como abordar as primeiras manifestacións acerca do sexo e como explicalo ás diferentes idades dos menores, e tamén se incidirán en aspectos de educación afectiva sexual.

A relatora, a vilagarciá Concepción Barbero é especialista en Educación Infantil, Diplomada en Educación Social, licenciada en Pedagoxía e máster en Sexoloxía pola Universidade de Alcalá.

En palabras da experta: “O sexo tense convertido en sinónimo de medo ou de banalización. Os nosos fillas e fillos teñen acceso a infinidade de información que no mellor dos casos está descontextualizada, e no peor é una información desinformada, o que provoca moita confusión nas súas cabezas. Pero non solo na deles, senón tamén nos nosos propios cerebros. E agora que lle digo? Ten idade suficiente para falar destes temas? Por que me fai estas preguntas?”

“Estas e outras moitas cuestións pasan polas nosas cabezas, e as respostas que transmitimos son as que, con todo este lío, cremos mellores, certas ou “menos daniñas”. Pero existe outra educación afectiva sexual, unha educación que parte do Feito Sexual Humano e que ten tanta amplitude como persoas existen, cargada de valores, diversidade, respecto e bos tratos. Para lograr isto é preciso que pais, profesores e, en xeral, a comunidade teñamos ferramentas, coñecementos e destrezas que favorezan o desenvolvemento sexual da forma máis efectiva e construtiva."
A especialista reforzará a súa charla coa proxección de diapositivas e ao remate abrirase unha rolda de preguntas e reflexións coa participación do público.

A Concellería de educación remitiu a información desta sesión a todos os centros educativos de Vilagarcía, dende Educación Infantil ata Secundaria, ás Anpas e a diversas asociacións.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -