_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
TERCEIRA IDADE
As persoas maiores xa poden solicitar praza no programa autonómico de Benestar en Balnearios

A Área de Persoas Maiores do Concello informa de que xa está aberto o prazo para solicitar praza no programa de Benestar en Balnearios organizado pola Xunta de Galicia consistente en estancias de 9 días en réxime de pensión completa e tratamentos en un dos 14 establecementos participantes. Os prezos oscilan entre os 300 e os 376 euros por persoa. Os interesados poden dirixirse ás dependencias municipais para requirir máis información ou realizar trámite de solicitude de praza. As reservas tamén se poden facer dende internet.
22.03.2017.- O programa “Benestar en Balnearios” é unha iniciativa que promove a Consellería de Política Social co obxectivo de contribuír ao mantemento da autonomía das persoas maiores, facilitándolles a posibilidade de gozar duns días de descanso con tratamentos termais e actividades socioculturais. Deste xeito búscase ocupar o tempo libre deste colectivo dunha forma activa e positiva e propiciar o coñecemento doutras xentes e as relacións sociais través da convivencia.

A duracións da estadía é de 9 días e 8noites, en réxime de pensión completa, en 14 establecementos termais ou balnearios das catro provincias galegas e situados en lugares de interese turístico, cultural ou termal. Os prezos das estadías varían en función do establecemento elixido.

Poderanse beneficiar deste programa os residentes en Galicia maiores de 60 anos ou pensionista con 55 anos cumpridos. Para solicitar as estadías neste programa será preciso aportar fotocopia do DNI do solicitante e do cónxuxe ou acompañante. No caso de que dúas persoas queiran acudir xuntas ao mesmo destino e quenda, presentarán unha única solicitude, para a súa baremación conxunta, acompañada da documentación que nela se indica. Cada persoa pode solicitar praza en calquera balneario dos que se ofertan prazas. Os desprazamentos dende o lugar de residencia ata o centro elixido correrán por conta dos beneficiarios.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2017  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -