_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello recuperará a degrada parcela de Almirante Fontán para crear unha zona verde

Os veciños de Vilaxoán disporán en pouco tempo dunha nova zona de recreo. Será na parcela municipal da rúa Almirante Fontán, onde o goberno local ten previsto actuar este mesmo ano para recuperar este degradado espazo. A primeira medida será demoler a estrutura de formigón dunha obra inacabada dende hai anos, traballos que se financiarán a través do Plan Provincial de Obras 2017. Tamén con cargo a estes fondos, o Concello efectuará melloras na Praza de Abastos de Vilaxoán.
25.03.2017.- A creación da área verde de recreo na rúa Almirante Fontán, de Vilaxoán, levarase a cabo en dúas fase. A primeira executarase este mesmo ano cun investimento de 39.203 euros que se destinará aos traballos de demolición do esqueleto de formigón levantado hai anos e que nunca chegou a acabarse. Esta estrutura ademais do feísmo urbanístico que supón, representa un perigo debido ao seu mal estado e á presenza de ferros ao descuberto.

O despexe deste espazo permitirá, xa de cara ao ano que ven, completar a actuación coa creación da zona de esparexemento da que poderán gozar os numerosos veciños dos bloques situados nesa rúa sen saída así como todos os veciños do Freixo.

O goberno local ten previsto executar este mesmo ano outra con cargo aos fondos provinciais actuación en Vilaxoán. Será a obra de reposición da cuberta e pintado da Praza de Abastos, para o cal se aprobará un gasto de 50.397 euros. Estes dous proxectos serán aprobados na Xunta Local de Goberno do Luns e forman parte dunha longa lista que inclúe ademais actuacións no rural, no marco da creación de emprego, na adquisición de maquinaria de traballo para o Concello, en programas de Servizos Sociais e en gasto corrente, que se darán a coñecer nos vindeiros días. Todo elo con cargo aos 1.397.028 euros que lle corresponden ao Concello de Vilagarcía dos fondos provinciais do POS 2017.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -