_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Medio Ambiente estende a Rodrigo de Mendoza e A Florida o plan de compostaxe urbano

Os resultados positivos que se están obtendo na fase experimental do plan de compostaxe urbano posto en marcha o pasado ano no barrio do Piñeiriño animou ao concelleiro de Medio Ambiente, Lino Mouriño, a iniciar unha nova fase que terá como ámbito de actuación a área comprendida entre o tramo final da avenida Rodrigo de Mendoza e A Florida. A intención e colocar dous puntos de compostaxe comunitario en ambos entremos do parque da Coca para facilitar a participación dos veciños.
27.03.2017.- Mouriño comentou que cada liña de composteiros contará con seis depósitos facilitados pola Deputación Provincial. Unha colocarase nos primeiros metros da Coca entrando por Rodrigo de Mendoza, e a outra na rúa que linda coa parte alta do parque. A uns metros do inicio das escaleiras que se acaban de instalar. O persoal do Concello terá que acondicionar previamente o terreo e construír as bases sobre as que se instalarán os composteiros, traballos que se prevé realizar a principios de abril.

Esta nova fase do compostaxe urbano contará coa participación da mestra composteira que fai seguimento do proceso no Piñeiriño. Tal como se fixo alí, organizarase unha xornada informativa para explicar aos veciños as avantaxas da compostaxe e o proceso a seguir, así como para resolver calquera dúbida que poidan plantear. A mestra composteira será que imparta a charla na que tamén se facilitarán os impresos para que as persoas que desexen tomar parte na experiencia se anoten a efectos de facilitar o seguimento e a elaboración das estatísticas da elaboración de compost.

O concelleiro lembra que tamén poden seguir anotándose os veciños do Piñeiriño para o cal deberán chamar ao departamento de Medio Ambiente do Concello, teléfono 986 099 200 extensión 310, ou enviando un correo electrónico a bmalvar@vilagarcia.es

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -