_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O goberno convocará aos veciños dos Duráns para informar da instalación da cancha deportiva

O goberno local de Vilagarcía convocará a vindeira semana aos representantes das comunidades de veciños dos Duráns para informarlles do proxecto para instalar unha cancha multideportiva na zona. A idea do goberno é que este céntrico barrio conte cun equipamento do que dispoñen xa noutras zonas da cidade e que servirá para favorecer a práctica do deporte e a socialización de nenos, mozos e adultos do vecindario. A cancha ocuparía algo menos dun terzo dos parterres e contaría con dúas canastras e dúas miniporterías.
28.03.2017.- A dotación deste tipo de equipamentos deportivos é unha demanda que teñen realizado veciños de diferentes zonas de Vilagarcía. As últimas atendidas foron as canastras colocadas na urbanización As Gaivotas en Sobrán e as do parque da Alameda de Carril, e está a piques de iniciarse a construción doutra pista deportiva similar na área da Tomada, en Carril.

No caso dos Duráns, onde carecen deste tipo de infraestruturas pese ao crecemento que rexistrou o barrio nos últimos anos e ao incremento de poboación, a pista serviría para complementar a zona de esparexemento que na actualidade conta unicamente cun parque infantil e tres grandes parterres. A cancha non chegaría a ocupar unha desta zonas de prado, polo que aínda quedarían as outras dúas para o libre goce das mesmas. O novo equipamento permitiría dispor dunha zona para que nenos, mozos e mesmo adultos poidan xogar ao baloncesto ou ao fútbol, sen ter que saír do barrio. A cancha contaría cunha malla perimetral para evitar que os balóns escapen cara a estrada ou as casas.

O custe desta actuación ascende a 50.000 euros que se financiarán con cargo ao Plan Concello da Deputación.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -