_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
En marcha a campaña de limpeza de praias de cara á temporada de Semana Santa

O departamento de Medio Ambiente e o servizo de limpeza do Concello comezou esta semana os traballos de posta a punto das praias do municipio co obxectivo de que os areais presenten a súa mellor imaxe de cara ao período vacacional da Semana Santa para que os veciños e visitantes poidan gozar delas nas mellores condicións. Os traballos realizaranse nas praias de Preguntoiro (Vilaxoán), O Campanario (Bamio) e Concha-Compostela (Vilagarcía) e consisten tanto na limpeza dos areais propiamente dita como na revisión do servizos.
31.03.2017.- Durante a semana que agora se pecha leváronse a cabo labores de cortado de herba e maleza nas inmediacións dos areais por parte dos operarios municipais, mentres que as máquinas de Cespa comezaron a recollida de algas e desperdicios arrastrados polo mar ás praias, ademais de empezar a cribar a area.

Os traballadores do Concello tamén estar revisando todos os servizos e realizando as reparacións e reposición de material que sexa preciso, en especial as duchas, lava pés e fontes, así como as papeleiras.

O concelleiro de Obras e Servizos, Lino Mouriño, comentou que durante a Semana Santa abriranse ao público os aseos da paria do campanario (os da Concha Compostela están abertos todo o ano para dar servizos aos usuarios do paseo marítimo). Durante o período vacacional a maquinaria de limpeza dos areais será diaria excepto se chove, xa que nesas condicións é de supoñer que non haberá bañistas nas praias.

A posta a punto dos servizos rematarase nos primeiros días da vindeira semana para inaugurar a temporada vacacional xa ese primeiro fin de semana.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -