_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Servizos Socias logra en cinco meses reducir a lista de agarda de 2 meses a un máximo de 10 días

Os usuarios que acoden por vez primeira aos Servizos Sociais de Vilagarcía pola vía ordinaria (non por situación de emerxencia) reciben cita para ser atendidos no prazo de entre 7 e 10 días. Reducir a lista de agarda a este reducido prazo foi posible grazas a posta en marcha no mes de outubro da cuarta Unidade de Traballo Social do departamento, que permitiu distribuír a carga de traballo dos traballadores e axilizar a atención aos usuarios de forma sorprendente, xa que en tan so cinco meses se pasou dos 2 meses de espera que se rexistraba en setembro ao máximo de 10 días de finais de marzo.
01.04.2017.- Estes prazos de espera refírense exclusivamente ás citas de carácter ordinario, xa que os casos urxentes se atenden no mesmo día ou ao seguinte o máis tardar, e os preferentes en poucas xornadas, pero sen chegar á semana.

O recorte das listas de agarda supón unha importantísima mellora para o usuario, pero tamén implica maior volume de traballo para os Servizos Sociais, porque ao ser máis áxil a atención, aténdense a mais persoas e, consecuentemente xérase máis traballo administrativo que o departamento ten que tramitar e que resolve con dilixencia, o que demostra que, ademais de mellorar na atención ao público e nos tempos da mesma, tamén se mellorou en eficacia no servizo.

A Concellería de Servizos Sociais, integrada na área de Igualdade e Benestar que dirixe Tania García Sanmartín, acaba de trasladar á Xunta de Galicia a memoria de actividade relativa a 2016. Neste documento rexístranse que o ano pasado as Unidades de Traballo Social tramitaron 1.925 expedientes de unidades familiares relativos a un total de 3.299 persoas. A memoria recolle que o departamento realizou en 2016 un total de 10.579 atencións directas na Unidade Administrativa e 7.218 telefónicas.


Aínda que os técnicos do departamento seguen constatando as graves consecuencias nas economías familiares da prolongada crise económica e que xeran un número importante de peticións de axudas de emerxencia social, alimentación, latancia, cómpre salientar, segundo indican dende o departamento, que non todas estes usuarios recorren aos Servizos Sociais por situacións de carencia extrema, senón que son moitas as persoas que acoden ao Concello para solicitar outro tipo de prestación social, como por exemplo os programas municipais de Axuda no Fogar, xantar na casa, Conciliatardes, Obradoiros de prevención da dependencia, educación familiar, …. E tamén para requirir avaliacións ou informes para tramitar ante outras administracións ou solicitar outros servizos: solicitudes de Risga, informes para a escola infantil, valoracións de dependencia…

Implicación e total dedicación do persoal

Coa memoria na man, a concelleira de Benestar salienta os positivos resultados que tivo a reorganización do servizo tanto de cara ao usuario, como a efectos de propio traballo interno do departamento. García lembra que para logralo tivo que reforzarse a plantilla, o que permitiu contar cunha traballadora máis para poñer en marcha a cuarta UTS, e recorrer a contratacións temporais. Pero o que a concelleira destaca especialmente como factor esencial da mellora é a total implicación do persoal do departamento, a súa entrega e esforzo, razón pola cal trasládalles o seu agradecemento persoal e o do grupo de goberno.

A estrutura actual dos Servizos Sociais municipais componse de:

Unha Unidade de Primeira Atención de Emerxencias (cuberta mediante unha bolseira do programa provincial), 4 Unidades de Traballo Social, 1 Traballadora Social para programas específicos como a Escola Infantil Municipal ou o Conciliatardes e que tamén se encarga da Unidade de Tramitación de apoio ás outras, 1 Educadora para os programas de apoio familiar, 2 auxiliares administrativos e a coordinadora do servizo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -