_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os voceiros analizan en conxunto o borrador do regulamento de uso das instalacións culturais

A Xunta de voceiros do Concello reuniuse esta mañá para analizar en conxunto o borrador de inicio do novo regulamento de uso e funcionamento das instalación culturais elaborado polo goberno local tras escoitar aos colectivos, asociacións usuarios dos centros culturais, aos grupos dos locais de ensaio e aos artistas plásticos. A concelleira de Cultura expuxo os principais cambios e respostou ás preguntas da oposición que disporá dunha semana para estudar polo miúdo o texto e presentar as súas achegas definitivas na reunión convocada para o vindeiro martes. O documento definitivo que salga dese último encontro dos voceiros, será trasladado aos colectivos antes de elevarse ao Pleno.
054.04.2017.- O documento presentado po Sonia Outón e Tania García na reunión desta mañá afora previamente revisado pola Secretaria e a Interventora a efectos de dar encaixe legal ás modificacións realizadas.

Un dos puntos principais do regulamento é o relativo aos centros socio culturais municipais. No borrador recóllese que a xestión corresponderá a asociación con maior representación do lugar, con preferencia das de carácter veciñal. En caso de discrepancia, resolverá a comisión composta por representantes de todos os grupos da Corporación Municipal.

No caso de centros nos que exista cafetería, o regulamento crea dúas tipoloxías. A primeira, na que a cafetería ten un uso e horario igual ao do centro socio cultural. Neste caso a súa xestión recaerá na asociación que xestione o propio centro e será de balde. A segunda tipoloxía corresponderá ás cafeterías que teñen un horario de continuado e independente ao de funcionamento do centro cultural e con natureza comercial. Neste caso, o Concello resolverá a súa xestión mediante concesión administrativa, tendo o adxudicatario que aboar un canon á administración local.

Canon en beneficio das actividades do centro

O regulamento recolle que o Concello poderá dedicar o importe deste cano ao financiamento de actividades no propio centro.
Neste apartado, o voceiro de EU, propuxo que á hora de adxudicar a concesión, ademais da oferta económica, se puntúe tamén actividades de carácter lúdico y social a realizar pola concesionaria.

Autoxestión por parte de consellos reitores propios

En canto ao funcionamento dos centros culturais, o borrador elaborado polo goberno recolle unha proposta realizada por un dos colectivos relativa a que cada centro cree un consello reitor composto por representante das entidades usuarias e que sexa este órgano o que fixe os horarios de uso das instalacións. Deste xeito promóvese a autoxestión e participación dos colectivos. En caso de que non se chegue a formar o consello ou non chegue a acordo, será Concelleira de Cultura quen resolva.

Obrigas do Concello

Ademais das recollidas en cada convenio asinado coas asociacións que xestionen cada centro, o Concello asumirá o financiamento anual de determinados gastos a elección da xestora e ata a cantidade máxima estipulada. Neste apartado poderían incluírse conceptos como actividades culturais e de ocio, gastos de limpeza, cursos de formación, mobiliario…)
Ademais prevese a posibilidade de que o Concello tamén poida asinar convenios de colaboración cos centros veciñais non municipais.

No apartado de salas de exposicións municipais, cómpre salientar a ampliación de prazo das mostras a colgar na sala Antón Rivas Briones que pasa a ser de entre 4 e 6 semanas (ata agora era de entre 2 e 4) e o incremento do número de catálogos a editar en cada mostra que serán 300, o dobre do actual. Tamén se recupera a práctica de negociar co autor a doazón dunha obra da exposición para o patrimonio do Concello.

E por último, lo relativo aos Locais de Ensaio, rebáixase a idade mínima aos 14 anos e establécese que terán preferencia no uso dos locais os mozos e mozas empadroados en Vilagarcía de entre 14 e 35 anos e pertencentes a grupos non profesionais. O uso é gratuíto dende xaneiro deste ano.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -