_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os voceiros volverán a reunirse despois de que o goberno analice as súas propostas ao regulamento cultural

A xunta de voceiros volverá a reunirse a semana que ven para concretar o borrador do regulamento de uso e funcionamento das instalación culturais municipais, unha vez que o goberno local e os técnicos analicen as propostas presentadas no encontro de hoxe polos grupos da oposición. Ao remate, a voceira socialista, Tania García, comentou que algunhas das achegas serán recollida de xeito automático, pero outras precisan de analizarse e someterse á opinión dos servizos xurídicos e técnicos, polo que a decisión final darase a coñecer na reunión da vindeira semana.
11.04.2017.- No encontro de hoxe participaron, ademais da concelleira de Cultura, todos os voceiros da Corporación, a excepción do concelleiro de Somos, que nin asistiu nin fixo chegar proposta algunha para incluír no texto elaborado polo goberno e que se entregou a todos os grupos a semana pasada para que procedesen ao seu estudo.

O BNG foi o único grupo que presentou as súas achegas por escrito, relativas a diversos puntos e tamén recollendo matices na redacción de determinados artigos do regulamento.

No que ás máis importantes se refire, as achegas do BNG coinciden coas realizadas por Esquerda Unida, en concreto as que se refiren a ampliar a composición dos órganos a crear ao abeiro do regulamento para incluír a representantes do ámbito da cultura. Estes órganos son, pro exemplo, a comisión de seguimento para resolver a concesión da xestión a unha entidade cando hai máis de un colectivo interesado, ou para decidir sobre a concesión das cafeterías. Tamén está prevista a creación de consellos reitores en cada centro socio cultural composto polas entidades e asociacións de cada parroquia a efectos de favorecer a autoxestión dos mesmos.

Nacionalistas e esquerdistas tamén puntualizaron a proposta do goberno sobre a posibilidade de que os ingresos do Concello en concepto de canon pola concesión de cafeterías reverta no propio centro.

Uso “privativo” das instalacións públicas
As propostas máis “singulares” foron as dúas realizadas polo voceiro do PP que tras evidenciar que non tiña lido o documento facilitado a semana anterior, lanzou a idea de que se instalen máquinas expendedoras de bebidas nos centros nos que non exista cafetería. Pero sen dúbida a proposta máis controvertida realizada polo popular foi a de que se permita o uso privativo dos centros socio culturais municipais prevendo e regulando a celebración de cumpreanos e festas privadas por parte de particulares.
A voceira socialista xa adiantou que o goberno local non está de acordo con este planeamento ao entender que as instalacións públicas deben destinarse a fins e usos públicos ou que, tendo carácter privado, repercuten na colectividade, como é o caso de espectáculos organizados por empresas ou particulares aos que pode asistir todo o público, pero nunca para actos de carácter privado.

En todo caso, todas as propostas serán avaliadas e informadas, e o resultado darase a coñecer na xuntanza da próxima semana.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -